Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXCII

VERTICAIS: 1. Elemento químico metálico de transición, de cor gris clara, moi duro e denso, que ten o punto de fusión máis alto dos metais, sendo o seu símbolo W 3. Molusco heterodonte da orde dos venéridos, con dúas valvas iguais en forma e tamaño e cos lados desiguais entre si, de cor marrón tirando a encarnada, que habita nas costas abertas de area lamacenta e de nome científico Acanthocardia tuberculata 4. Doce para a sobremesa que se fai con ovos, leite ou auga e fariña todo mesturado formando un amoado que se frite nunha filloeira, e ao que se lle pode engadir logo azucre, mel etc. 6. Figura emblemática do entroido de Maceda (Ourense) 9. Paxaro pequeno da familia dos aláudidos do que existen distintas especies, de cor castaña escura e co papo, peito e ventre brancos, que se alimenta de grans e insectos, adoita facer o niño no chan e emite o seu canto melodioso mentres voa.

HORIZINTAIS: 2. Actividade que serve como entretemento e diversión 5. Con 31. 494 km² de superficie, 636 km de longo, 80 km de ancho e 1.680 m de profundidade (recoñecidos ata o momento), é o maior dos lagos de auga doce de Asia e o máis profundo do mundo 7. Recipiente de barro ou doutro material, cunha fenda pequena e estreita, no que se garda o diñeiro para aforrar 8. Hábito de comer as uñas das mans 10. Corda grosa e forte de esparto ou coiro.

0 comentarios