Blogia
vgomez

CRUCIGRAMA IV

VERTICAIS: 1. Con moito sol  4. Presbítero nomeado polo bispo para exercer certa xurisdición sobre os cregos e igrexas do seu arciprestado 6. Paxaro da familia dos oriólidos, de cor amarela, con ás e rabo negros, peteiro rosado e ollos vermellos, o macho, e de cor verdosa nas partes superiores, parda nas ás e no rabo e abrancazada con raias pardas nas inferiores, a femia 9. Que está constituído por elementos numerosos e moi xuntos entre si 10. Paxaro da familia dos córvidos, que presenta cor branca no ventre, costados e extremos das ás e o resto do corpo negro con irisacións verdes, azuis ou moradas, ou outros tons máis escuros en todo o corpo.

HORIZONTAIS: 2. Estómago dos animais 3. Imitar con intención de facer burla ou de provocar o riso 5. Que actúa con excesiva lentitude 7. Cada unha das estacas grosas, curtas e afiadas que se colocan verticalmente polos lados do carro, remolque ou caixa do camión, para que non caia a carga ou para soster os ladrais 8. Parte exterior dura que se forma en certos corpos, en particular nos alimentos como o queixo ou o pan 11. Axitarse fisicamente ao sentir un gran medo, por unha emoción etc. 12. Árbore da familia das mimosáceas orixinaria de Australia, de casca lisa e agrisada, follas moi divididas e flores amarelas, recendentes, en forma de boliñas que se agrupan en acios.

Mañá a solución!

0 comentarios