Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN AO ENIGMA MATEMÁTICO CON PEZAS DE COCHE

As tres primeiras operacións matemáticas non adoitan ter demasiado misterio: resólvense facendo sumas, restas ou divisións, e ninguén ten dúbida con elas. Poñendo como exemplo o enigma das pezas de coche, a súa resolución quedaría así:

Se dividimos 30 en tres partes iguais, eso significa que cada pistón vale 10.

Xa sabemos que un pistón vale 10. Agora, restámolo do total desta ecuación: 20 - 10 = 10. Se dividimos 10 entre os dous pneumáticos que nos quedan por sumar, temos que cada un vale 5.

Repetimos a xogada: restamos os 5 do pneumático ao resultado: 9 - 5 = 4. Se divimos 4 entre os amortecedores, veremos que cada parella de amortecedores (porque van en parellas, aí está o truco) vale 2.

Todos os debuxos eran iguales ata a última ecuación pero, agora un dels é distinto: o amortecedor, en vez de aparecer en parella como na terceira operación, vai solto. Polo lo tanto, o primeiro que temos que facer é ver canto vale ese novo debuxo que ten unha variación. Nestr caso, se unha parella de amortecedores vale 2, un só vale... exacto, 1. E agora, imos coa operación:

Se o pneumático vale 5, o pistón vale 10 e o amortecedor (sen a súa perella) vale 1, só hai que que resolver a operación. Pero fíxate ben: ata agora todo eran sumas, pero nesta última ecuación hai unha multiplicación: 5 + 1 x 10 = 15.

Acertache? Estupendo!

FONTE:FONTE: Pablo Cantó/Verne/elpais.es

ENEIGMA MATEMÁTICO CON PEZAS DE COCHE

 

Propóñoche a resolución diste enigma matemático que se popularizou na páxina de Facebook Eramos poucos e pariu a avoa, e no que as operacións fanse con pezas de coche.

Fíxate ben!

Mañá a solución!

FONTE: Pablo Cantó/Verne/elpais.es

SOLUCIÓN AO ENIGMA DE LÓXICA

 

Para dar coa solución ao enigma proposto, a clave está na posición das portas de acceso e do condutor. Efectivamente, se o autobús vai circular por unha estrada española, ou de calquera outro país no que se conduce sentado á esquerda do vehículo, avanzaría cara á esquerda (pois as portas de apertura, que non vemos na imaxe, quedarían no lado oposto ao condutor, o dereito). Se o condutor estivese en Reino Unido, por exemplo, a lóxica debe aplicarse ao contrario, pois a súa posición no autobús é inversa.

FONTE: Verne/Xornal El País


ENIGMA DE LÓXICA

El autobús de la discordia ¿Izquierda o derecha?

 

Aquí tes un debuxo dun autobús escolar norteamericano, o clásico vehículo alongado de cor amarela, e unha pregunta sinxela: se o bus se movese cara a onde avanzaría? Dirixiríase á esquerda ou á dereita?

A pensar! Mañá a solución!

FONTE: Verne/Xornal El País

ILUSIÓN ÓPTICA MULLER-LYER DINÁMICA


 

Trátase dunha versión doutra ilusión óptica clásica, descuberta por F. C. Muller-Lyer en 1889. O segmento que ten as puntas de frecha cara a fóra parece máis longo que o que ten as puntas cara a dentro, a pesar de que ambos miden o mesmo. A nosa atención vese atraída pola área que está entre as puntas de frecha, causando esta impresión de cambio de lonxitude. A ilusión mantense aínda que saibamos o que de verdade ocorre e mesmo en movemento, como se ve na versión radial en dorma de gifda creada polo artista visual italiano Gianni A. Sarcone.

 

FONTE: Jaime Rubio Hancock/Verne/Xornal El País 

SOLUCIÓN Á SECUENCIA DE CONWAY

SOLUCIÓN Á SECUENCIA DE CONWAY

 

A constante de Conway é unha constante matemática ligada á taxa de crecemento do número de cifras dunha sucesión coñecida como desintegración audioactiva (en inglés audioactive decay) ou Look- and- Say ("Mira e di"). Nesta sucesión, cada termo obtense agrupando as cifras iguais do anterior e recitándoas. Por exemplo, se x0=1  ("un un"), os seguintes termos serán:

X1=11 ("dous un : "21")

x2=21 ("un dous un un : 1211")

x3=1211 ("un un un dous dous us : 111221")

x4=111221 ("tres un dous dous un un : 312211")

x5=312211 ("un tres un un dous dous dous un : 13112221")

x6=13112221 ("un un un tres dous un tres dous un un : 1113213211") 

Polo tanto a serie seguinte da imaxe proposta o día anterior sería:

1113213211 ("tres un un tres un dous un un un tres un dous dous un") o que daría:

31131211131221

FONTE:Carlo Frabetti/O xogo da ciencia/Xornal El País e Wikipedia

CONSTANTE DE CONWAY

CONSTANTE DE CONWAY

 

Cal é o seguinte número da secuencia 1, 11, 21, 1211, 111221, 312211… que aparece na imaxe?

O gran matemático británico John Conway (1937) estudou esta secuencia, denominada Look-and-See (mira e di) pola súa peculiar forma de xeración, e derivou dela a constante que leva o seu nome, que é un número irracional algebraico: 1,30357… (un número algebraico é solución dunha ecuación, e a constante de Conway é a única solución real positiva dunha ecuación de 71º grao).

Fíxate ben e a pola secuencia seguinte!  

Mañá a solución!

FONTE: Carlo Frabetti/O xogo da ciencia/Xornal El País

ILUSIÓNS ÓPTICAS X

ILUSIÓNS ÓPTICAS X

 

Na imaxe hai dous círculos concéntricos que dan a impresión de entrecruzarse. Iso, se cremos o que di o tuit de Akiyoshi Kitaoka, profesor de psicoloxía da Universidade Ritsumeikan, en Kioto (Xapón), e autor de multitude de ilusións ópticas.Trátase dunha ilusión chamada Peaches (pexegos).

Se o queres comprobar, ségueos cun dedo e verás que non se cruzan.

Seguro que a sí velo máis claro, superpoñendo os círculos negros sobre a imaxe.

FONTE: Jaime Rubio Hancock/Verne/Xornal El País