Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DOS PASTORES E AS OVELLAS

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DOS PASTORES E AS OVELLAS

Pastor con ovellas / Imaxe:abc.es 

Un pastor tiña 5 ovellas e o outro 7.

Así: 5+1= 6  e  7-1=6 (os dous igual)

       5-1=4  e  7+1 = 8 (un o dobre do outro)

O PROBLEMA DOS PASTORES E AS OVELLAS

O PROBLEMA DOS PASTORES E AS OVELLAS

Pastor / Imaxe:elmundo.es

Dous pastores falaban:

- Por que non me dás unha das túas ovellas, así teremos igual cantidade?

Ao que o seu amigo respondelle:

- Mellor dáme unha das túas así eu terei o dobre de ovellas que ti.

Cantas ovellas teña cada un?

A solución, mañá!

FONTE:juegosdelogica.com

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO ANIVERSARIO DE CHERYL

 

Aquí tedes a solución ao problema proposto onte:

Albert sabe o mes e Bernard o día.

Pola primeira afirmación de Albert, sabemos que está seguro de que Bernard non sabe cando é o aniversario. Así que descartamos os meses de maio ou xuño, xa que Bernard sabe o día e os únicos números que non se repiten nas datas posibles son o 19 e o 18. Entón, Bernard di que agora sabe a data do aniversario. Iso permite descartar unha data que leve o 14, porque o número aparece dúas veces, en xullo e en agosto. As datas posibles son o 16 de xullo, o 15 de agosto e o 17 de agosto.

Por fin, na súa última frase, Albert di que se Bernard sabe, entón el tamén. E ten que ser en xullo, porque se fose en agosto non podería estar seguro, xa que podería ser o 15 ou o 17.

O resultado é, polo tanto, o 16 de xullo.

En caso de que non che quede claro, visualiza o víodeo superior.


O PROBLEMA DO ANIVERSARIO DE CHERYL

O PROBLEMA DO ANIVERSARIO DE CHERYL

Dudas / Imaxe:scoopnest.com

Albert e Bernard preguntan a Cheryl cando é o seu aniversario, pero ela ten un día enigmático, así que en vez de responderlles como o faría calquera decide poñelos nervioso e darlles unha lista con dez posibles datas: 15 de maio, 16 de maio, 19 de maio, 17 de xuño, 18 de xuño, 14 de xullo, 16 de xullo, 14 de agosto, 15 de agosto, 17 de agosto.

Despois, Cheryl dilles por separado a Albert e Bernard o mes e o día, respectivamente. Entón Albert sinala: “Non sei cando é o aniversario de Cheryl, pero sei que Bernard tampouco o sabe”. Ao que Bernard responde: “Ao principio non sabía cando era o aniversario de Cheryl, pero agora xa o sei”. Albert reflexiona e conclúe: “Entón eu tamén sei cando é o seu aniversario”.

Cando é o aniversario de Cheryl?

A solución, mañá!

Problema incluído nas últimas olimpíadas de matemáticas de Asia e Singapur celebradas o pasado 11 de abril. Fonte: Xornal El País/Verne

SOLUCIÓN Á SUMA DE LETRAS DESCOÑECIDAS

SOLUCIÓN Á SUMA DE LETRAS DESCOÑECIDAS

O SUMA DAS LETRAS DESCOÑECIDAS

O SUMA DAS LETRAS DESCOÑECIDAS

 

Letras iguais, igual valor. Letras distintas, distinto valor. Cada letra vale un número do 0 ao 9. O M ten valor =1, o resto non sei.

Mañá, a solución!

FONTE: juegosdelogica.com

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO LEITEIRO

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DO LEITEIRO

Leiteiro / Imaxe: gabitos.com

Aquí está a solución ao problema, plantexado onte, do leiteiro.

Punto de partida: Temos 3 cántaros: 1 de 8 litros, cheo, e dous baleiros de 5 e 3 litros respectivamente.

1ª paso: Enchemos o cántaro de 5 litros, quedando no de 8 litros os tres restantes.

2º paso: Enchemos o cántaro de 3 litros co contido do cántaro de 5 litros, quedando 3 litros no de 8 litros e 2 no de 5 litros.

3º paso: Baleiramos o cántaro de 3 litros no cántaro de 8 litros, que xa tiña 3 litros. Deste xeito este cántaro queda con 6 litros e o de 3 litros baleiro.

4º paso: Baleiramos os 2 litros que tiña o cántaro de 5 litros no de 3 litros (que estaba baleiro).

5º paso: Enchemos o cántaro de 5 litros co contido do cántaro de 8 litros, quedando neste 1 litro.

6º paso: Acabamos de encher o cántaro de 3 litros (que tiña 2 litros) co cántaro de de 5 litros que estaba antes cheo, quedándolle agora 4 litros.

Punto final: Baleiramos o cántaro cheo de 3 litros no de 8 litros, que antes tiña 1 litro, quedando con 4 litros. Deste xeito quedarían 3 litros no cántaro de 8 litros, 4 litros no de 5 litros e baleiro o de 3 litros, facendo un total de 8 litros, dos que partiamos.

FONTE: juegosdelogica.com

O PROBLEMA DO LEITEIRO

O PROBLEMA DO LEITEIRO

Recipientes de 8, 5 e 3 litros / Imaxe:matematicascercanas.com

Unha leiteira ten un cántaro cheo de 8 litros de leite, e dous máis de 5 e de 3 litros.

Un cliente pídelle exactamente 4 litros.

Como pode calcular os catro litros e darllos no cántaro de 5 litros?

A solución, mañá!

FONTE: juegosdelógica.com