Blogia
vgomez

A PENSAR

ILUSIÓNS ÓPTICAS IV

ILUSIÓNS ÓPTICAS IV

 

Nesta ilusión óptica podes ver a cara dunha moza ou a un saxofonista.

FONTE:juegosdelogica.com

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DOS SOMBREIROS

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DOS SOMBREIROS

Solución / Imaxe. sermediador.com

Aquí tedas a solución do problema dos sombreiros que onte propoñía:

O ultimo da fila pode ver a cor do sombreiro dos seus compañeiros, se non pode saber cual é a cor do seu é porque os outros dous non son brancos, polo que ou son os dous negros ou é un de cada cor.

O segundo da fila pode ver a cor do sombreiro do primeiro e xa deduciu o que penso o terceiro, se tampouco responde á pregunta é porque ve que a cor do primeiro é negra, se fose branco sabería que o seu é negro.


O primeiro por esa mesma formulación deduce que o seu sombreiro é negro.

FONTE: juegosdelogica.com

O PROBLEMA DOS SOMBREIROS

O PROBLEMA DOS SOMBREIROS

Sombreiro / Imaxe:ludoforum.com

Nunha mesa hai tres sombreiros negros e dous brancos. Tres señores en fila india póñense un sombreiro ao azar cada un e sen mirar a cor.

Pregúntaselle ao terceiro da fila, que pode ver a cor do sombreiro do segundo e o primeiro, se pode dicir a cor do seu sombreiro, ao que responde negativamente.

Pregúntaselle ao segundo que ve só o sombreiro do primeiro e tampouco pode responder á pregunta.

Por ultimo o primeiro da fila que non ve ningún sombreiro responde acertadamente de que cor é o sombreiro que tenia posto.

Cal é esta cor e cual é a lóxica que uso para sabelo?

A solución maná!

FONTE: juegosdelogica.com

ILUSIÓNS ÓPTICAS III

ILUSIÓNS ÓPTICAS III

 

Despraza a vista polo debuxo e fíxate nos puntos, cambian de cor.

FONTE: juegosdelogica.com

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DOS TRES INTERRUPTORES

SOLUCIÓN AO PROBLEMA DOS TRES INTERRUPTORES

Solución do problema / Imaxe:gettyimages.es

Ao principio do corredor hai tres interruptores, A,B e C, o noso personaxe pulsa o interruptor A, espera 10 minutos, apágao, pulsa o B e atravesa o corredor.

Ao abrir a porta pódese encontrar con tres situacións:

Se a luz está acendida o interruptor será o B.

Se a luz está apagada e a lámpada quente será o A.

E se está apagada e a lámpada fría será o C.

FONTE: juegosdelogica.com

O PROBLEMA DOS TRES INTERRUPTORES

O PROBLEMA DOS TRES INTERRUPTORES

O problema / Imaxe: eltrasterodepalacio.wordpress.com

Un home esta ao principio dun longo corredor que ten tres interruptores, ao final hai un cuarto coa porta pechada. Un destes tres interruptores acende a luz dese cuarto, que esta inicialmente apagada.

Como o fixo para coñecer que interruptor acende a luz percorrendo unha soa vez o traxecto do corredor?

Pista: O home ten unha lanterna.

A solución..., mañá!

FONTE: juegosdelogica.com

SOLUCIÓN AO PROBLEMA SOBRE O NÚMERO PRIMO DE MERSENNE

SOLUCIÓN AO PROBLEMA SOBRE O NÚMERO PRIMO DE MERSENNE

Último número de Mersenne descuberto / Imaxe: abc.es

Efectivamente, si é número primo de Mersenne, xa que ao sumarlle 1 o resultado é unha potencia de 2

127 + 1 = 128

128 = 27

Como curiosidade direivos que ata o momento só se coñecen 48 números primos de Mersenne, sendo o máis pequeño o 3 (3+1=4=22) e o maior, descuberto en 2013, é 2 elevado a 57,885,161 -1, tendo 17 millóns de díxitos (581887266…724285951).


NÚMEROS PRIMOS DE MERSENNE

NÚMEROS PRIMOS DE MERSENNE

Marin Mersenn/ Imaxe: marin-mersenne.univ-paris1.fr

O conxunto dos números primos é un subconxunto dos números naturais que engloba a todos os elementos deste conxunto maiores que 1 que son divisibles unicamente por si mesmos e pola unidade. Así son primos o 2, 3, 5, 7…

Todos os números primos, agás o 2, son impares. Os únicos dous números primos consecutivos son o 2 e o 3.

O teorema fundamental da Aritmética establece que calquera número natural maior que 1 sempre pode representarse como un produto de números primos, e esta representación (factorización) é única. Así 12 = 22 . 3

Un número primo é un número primo de Mersenne se ao sumarlle 1 o resultado é unha potencia de 2. Por exemplo, 7 é un número primo de Mersenne ao cumprirse (7 + 1 = 8 = 2³)

Denomínanse así en memoria do filósofo do século XVII Marin Mersenne quen realizou unha serie de postulados sobre eles que só puido refinarse tres séculos despois.

Será número primo de Mersenne o 127?

A solución…, mañá!

FONTE: juegosdelogica.com