ILUSIÓNS ÓPTICAS II
Fixa a vista o punto central durante uns segundos e move a cabeza cara a adiante e cara a atrás.
Os círculos xiran?
FONTE: juegosdelogica.com
Fixa a vista o punto central durante uns segundos e move a cabeza cara a adiante e cara a atrás.
Os círculos xiran?
FONTE: juegosdelogica.com
Solución / Imaxe: cx-gsm.com
Aquí tedes a solución ao problema de onte:
A pregunta podería ser: “Se eu lle pregunto ao outro gardián por que porta teño que saír que me respondería?"
No caso de que esteamos a falar co que sempre mente diríame "O outro gardián diríache que a porta pola que debes saír é... (a porta falsa) ".
No caso de que lle pregunte ao outro diríame algo así "O outro gardián diríache que a porta pola que debes saír é... (a porta falsa)
Deste xeito só deberás preguntalo a calquera dos dous e escoller a porta oposta á que eles te indiquen.
FONTE: juegosdelogica.com
Prisioneiro / Imaxe: es.clipartlogo.com
Un prisioneiro esta encerrado nunha cela que ten dúas portas, unha conduce á morte e a outra á liberdade. Cada porta esta custodiada por un vixilante, o prisioneiro sabe que un deles sempre di a verdade, e o outro sempre mente. Para elixir a porta pola que pasara só pode facer unha pregunta a un só dos vixilantes
Como pode salvarse?
A solución..., mañá!
FONTE:juegosdelogica.com
Solución / Imaxe:marketingdirecto.com
O enquisador pregunta as idades e ao obter como resposta que o produto destas é 36 e a súa suma o numero da casa, mira o numero desta, que nós non coñecemos pero el si.
O enquisador descompón o 36 nos seus factoriais e realiza as seguintes combinacións de idades. (todas as posibles)
1-1-36
1-2-18
1-3-12
1-4-9
1-6-6
2-2-9
2-3-6
3-3-4
Só queda saber cal destas combinacións de idades suman o numero da casa, entón decátase algún dato de que lle falta, só pode ser porque hai dúas combinacións que suman igual:
1+6+6=13
2+2+9=13
Ao regresar e saber que a maior estuda piano, deduce que só hai unha maior, non dous, polo que as idades serán 2, 2 e 9 anos.
FONTE: juegosdelogica.com
Un enquisador diríxese a unha casa onde é atendido por unha muller. Pregúntalle:
Cantidade de fillos?
Tres, di ela.
Idades?
O produto das idades é 36 e a suma é igual ao numero da casa, responde.
O enquisador vaise pero ao anaco volve e dille á muller que os datos que lle deu non son suficientes; a muller pensa e dille: ten razón, a maior estuda piano.
Isto é suficiente para que o enquisador saiba as idades dos fillos. Cales son?
A solución, mañá!
FONTE:juegos de logica.com
As ilusións ópticas son ilusións do sentido da vista, que nos levan a percibir a realidade erroneamente, ou ver cousas diferentes nunha mesma imaxe dependendo de varios factores como pode ser o estado de animo, ou a diferente estimulación dos ollos ou o cerebro.
Fíxate na imaxe superior:
Son as liñas horizontais paralelas?
E rectas ou curvadas?
Esta ilusión óptica é indiferente vela como liñas horizontais ou xirar a imaxe 90º e ver as liñas en posición vertical.
FONTE: juegosdelogica.com
Un home aparece aforcado na súa cela sen ningún apoio baixo os seus pés.
Tanto a porta coma a ventá están pechadas por dentro, e non existe outra saída. Non hai ningún outro moble no cuarto.
Como o fixo?
Solución: Preme no bloque de xeo.
FONTE: juegos de lógica.com
Solución aritmética ao problema / Imaxe:verumscripta.blogspot.com
Tal como diciamos onte, hai dous modos de resolver iste problema, aritmeticamente e loxicamente.
Opción aritmética:
Ao botar tres litros de auga no viño teremos na garrafa do viño 13 litros de mestura dos que 3/13 partes serán auga e 10/13 partes viño.
Ao devolver os tres litros de mestura á garrafa de auga devolveremos 3*10/13 litros de viño á agua, ou o que é o mesmo 30/13 litros de viño na garrafa de auga.
Cando tiñamos 13 litros de mestura na garrafa de viño 3 litros eran de auga, e diciamos que tiñamos 3/13 partes de auga e 10/13 partes de viño. Ao devolver 3 litros á garrafa de auga devolvemos 3*3/13 litros de auga, ou o que é o mesmo sacamos 9/13 litros de auga á garrafa de viño, polo tanto quedarán 3 – 9/13 litros de auga no viño, que é igual a 39/13-9/13 e que é igual a 30/13 litros de auga no viño.
Po lo tanto, pola opción aritmética sabemos que na garrafa de viño teremos 30/13 de litros de auga e na da auga 30/13 de litros de viño.
Opción lóxica:
Despois de facer a mestura nas dúas garrafas seguimos tendo 10 litros, polo tanto, a agua que falta nunha garrafa foi substituída pola mesma cantidade de viño e á inversa na outra garrafa. Nas dúas garrafas teremos a mesma cantidade de líquido da outra, que é o mesmo que nos plantexaba no problema.
Esta última solución é máis rápida, sabemos que a resposta ao enigma é que as dúas garrafas conteñen a mesma parte da outra, aínda que non coñecemos cal é esa cantidade, que si sabemos na opción aritmética.
FONTE: Juegosdelogica.com