Blogia
vgomez

A PENSAR

O PROBLEMA DA GARRAFA

O PROBLEMA DA GARRAFA

Garrafa de mimbre / Imaxe:todocoleccion.net

Hoxe propóñoche iste problema para o que terás dúas formas posibles de acadar a solución: unha operación aritmética e outra lóxica, podendo usar calquera das dúas.

Temos unha garrafa con 10 litros de auga e outra con 10 litros de viño. Bótanse tres litros de auga na garrafa de viño e mestúrase. Despois, vólvense a botar tres litros desa mestura na garrafa de auga.

Qué haberá despois do cambio, máis auga na garrafa de viño ou máis viño na garrafa de auga?

Mañá, a solución!

FONTE:juegosdelogica.com

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN (FIN)

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN (FIN)

"O Pensador" de Auguste Rodin / Imaxe: burbujasweb.com

 

Poño un punto final a esta sección, iniciada alá polo 18 de xuño, coa solución ao último reto, o X, ANTONIO E CLEOPATRA:

"Son dous peixes de cores cuxa peceira foi golpeada por un can torpe".

Espero que resultase interesante esta técnica para a resolución de problemas de xeito imaxinativo, coñecida como pensamento lateral.

FONTE: Xornal ab/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN X

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN X

Marco Antonio e Cleopatra na película "Cleopatra", interperatados por Richard Burton e Elizabeth Taylor / Imaxe: taringa.net

 

Antes de nada, a solución ao reto IX (O HOME DO COCHE): Xogaba ao monopoly.

E agora unha última proposta: ANTONIO E CLEOPATRA.

"Antonio e Cleopatra son atopados mortos no chan dunha vila de Exipto. Moi preto encóntranse cristais rotos. A única testemuña é o can gardián. Non hai ningunha marca en calquera dos seus corpos e eles non foron envelenados. Como morreron?"

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

 Mañá, a solución!

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN IX

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN IX

Entrada de hotel / Imaxe: hotelaubi.com 

 

Antes de nada, a solución ao reto VIII (O CARBÓN, A CENORIA E O GORRO): Son os restos dun boneco de neve que fixeron uns nenos e que se derreteu.

E agora unha nova proposta, outro problema: O HOME DO COCHE

"Un home empurra o seu coche. Detense ao chegar a un hotel e nese momento sabe que está en bancarrota. Por que?"

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

 Dentro duns días, a solución e outro novo problema!

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN VIII

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN VIII

 

Antes de nada, a solución ao reto VII (PROBLEMAS COS FILLOS): Eran trillizos.

E agora unha nova proposta, outro problema: O CARBÓN, A CENORIA E O GORRO

"Cinco anacos de carbón, unha cenoria e un gorro están tirados no céspede do xardín. Ninguén os tirou no céspede e, non obstante hai unha razón perfectamente lóxica para que se encontren alí. Cal é a razón?"

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

 Dentro duns días, a solución e outro novo problema!

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN VII

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN VII

Recén nacido / Imaxe:pequebebes.com 

Antes de nada, a solución ao reto VI (MORTE NO CAMPO): O home saltara dun avión cun paracaídas que non se abriu. Ese era o paquete que tiña ao seu lado.

E agora unha nova proposta, outro problema: PROBLEMAS COS FILLOS

“Unha muller tivo dous fillos que naceron na mesma hora do mesmo día do mesmo ano. Pero non eran xemelgos. Como pode ser?”

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

Dentro duns días, a solución e outro novo problema!

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN VI

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN VI

Campo verde / Imaxe: uniondecampesinos.com

Antes de nada, a solución ao reto V (O HOME QUE SE AFORCOU): Subíu a un bloque de xeo que se derreteu coa calor.

E agora unha nova proposta, outro problema: MORTE NO CAMPO

"Un home xace morto nun campo. Ao seu lado hai un paquete sen abrir. Non hai ningunha outra criatura no campo. Como morreu?"

Unha pista: O home sabía que ía morrer conforme se achegaba ao lugar.

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

 Dentro duns días, a solución e outro novo problema!

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN V

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN V

Soga de aforcamento / Imaxe: mexico.cnn.com


Antes de nada, a solución ao reto IV (O HOME DO ASCENSOR): Era unha persoa que padecía ananismo e non chegaba a darlle ao botón do décimo piso. 

E agora unha nova proposta, outro problema: O HOME QUE SE AFORCOU. 

"Nun celeiro de madeira completamente baleiro atópase un home colgado do centro da viga central. A soga coa que se aforcou mide tres metros e os pés penduran a trinta centímetros do chan. A parede máis próxima encóntrase a seis metros. Non é posible trepar nin ás paredes nin á viga e, non obstante, o home aforcouse a si mesmo. Como o fixo?"

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

 Dentro duns días, a solución e outro novo problema!

FONTE: Xornal abc/ciencia