Blogia
vgomez

A PENSAR

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN IV

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN IV

Ascensor / Imaxe:img.archiexpo.es

 

Antes de nada, a solución ao reto III (ADAN E EVA): Eran os únicos que non tiñan embigo.

E agora unha nova proposta, outro problema: O HOME DO ASCENSOR

“Un home vive no décimo piso dun edificio. Cada día toma o ascensor ata a planta baixa para dirixirse ao traballo ou ir de compras. Cando regresa, sempre sobe no ascensor ata o sétimo piso e logo pola escaleira os restantes tres pisos ata o seu apartamento no décimo. Por que o fai?»

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

 Dentro duns días, a solución e outro novo problema!

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN III

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN III

Adan e Eva / Imaxe:imagui.com 

 

Antes de nada, a solución ao reto II (O BRAZO DO SERVICIO POSTAL): Tres homes naufragaron nunha illa deserta. Sen nada que comer, acordaron amputarse cada un o brazo esquerdo para comelo. Os tres xuraron que cortarían o brazo esquerdo. Un dos tres era médico e cortou o brazo aos seus dous compañeiros antes de ser rescatados. Tal como xurara, o médico amputou despois o seu brazo e envioullo a un dos seus colegas, que ao velo llo reenviou ao terceiro, que o enterrou.

E agora unha nova proposta, outro problema: ADAN E EVA.

"Un home morre e vai ao ceo. Alí atopa miles de persoas, pero todas están nus. Mira ao seu arredor para ver se recoñece alguén, e ve unha parella, sabendo de inmediato que eran Adán e Eva. Por que?"

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

 Dentro duns días, a solución e outro novo problema!

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN II

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN II

Paquete postal / Imaxe: lainformacion.com

 

Antes de nada, a solución ao reto I (O HOME DO BAR): O camareiro decátase de que o seu cliente pídelle auga porque ten impo e decide cortarllo cun bo susto.

E agora unha nova proposta, outro problema: O BRAZO DO SERVICIO POSTAL.

"Un home recibiu un paquete por correo. Abriuno coidadosamente e atopou o brazo dun home dentro. Examinouno, envolveuno novamente e mandouno a outro home. Este segundo home examinou o paquete que contiña o brazo moi coidadosamente tamén, e logo, levouno ata un bosque onde o enterrou. Por que o fixeron?"

Lembrade que a técnica para a resolución destes problemas é de xeito imaxinativo.

 Dentro duns días, a solución e outro novo problema!

FONTE: Xornal abc/ciencia

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN I

UN RETO Á TÚA IMAXINACIÓN NA PROCURA DA SOLUCIÓN I

Apuntando cunha pistola / Imaxe:laorquesta.mx


Edward de Bono en 1967 acuñou o concepto de pensamento lateral ( Método de pensamento que pode ser empregado como unha técnica para a resolución de problemas de xeito imaxinativo). Este prestixioso psicólogo maltés leva defendendo máis de trinta anos o fomento da creatividade para alcanzar o éxito. Para el "ser intelixente non é sinónimo de saber pensar ben".

Nesta sección preséntanse algúns dos retos máis coñecidos de pensamento lateral formulados polo experto británico Paul Sloane .

O reto de hoxe é: O HOME DO BAR.

"Un home entra nun bar e pídelle ao camareiro un vaso de auga. O camareiro axeónllase buscando algo, saca unha arma e apúntao ao home que lle acaba de falar. O home di grazas e vaise. Por que o fai?"

 Empregade a imaxinación para atopar a solución!

A solución o próximo día, e outra proposta.

FONTE: Xornal ab/ciencia