SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXVI
VERTICAIS: 1. SHANNON 3. ANTIMONIO 5. CADALEITO 8. FODÓN.
HORIZONTAIS: 2. RABAZA 3. AD 5. CONXUNTIVITE 7. HURDES 9. BIANCO 10. GONG.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. SHANNON 3. ANTIMONIO 5. CADALEITO 8. FODÓN.
HORIZONTAIS: 2. RABAZA 3. AD 5. CONXUNTIVITE 7. HURDES 9. BIANCO 10. GONG.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Río máis longo e caudaloso de Irlanda 3. Elemento químico de propiedades intermedias entre os metais e os metaloides, de cor branca azulada e brillante, fácil de fragmentar e pulverizar, que aumenta a dureza dos metais cos que se asocia e de símbolo Sb 5. Caixa onde se introduce o cadáver que vai ser enterrado 8. Peixe da familia dos gádidos, de ata corenta centímetros de lonxitude, cor castaña amarelada no dorso e prateada con reflexos nos flancos e no ventre, e de nome científico Trisopterus minutus.
HORIZONTAIS: 2. Planta herbácea da familia das umbelíferas, con talos estriados de ata un metro, follas pinnadas, flores pequenas en umbela con pétalos brancos e froito oblongo, e de mome científico Angelica pachycarpa 3. Sigla do partido portugues, Aliança Democrática, gañador das lelección do pasado día 18 de maio 5. Inflamación da membrana conxuntiva transparente entre a pálpebra e o globo ocular 7. Comarca pertencente á provincia de Cáceres, ao pé da serra de Gata, de escasa poboación e decrecente, unha das menos avanzadas de España, subdesenvolvida economicamente 9. Montaña máis alta dos Alpes e de toda Europa, a 4.807 metros de altitude 10. Instrumento de percusión de orixe oriental que consiste nun disco metálico pendurado verticalmente que, ao ser golpeado, vibra producindo un son semellante ao dunha campá.
Ríos do mundo!
NILO MISISIPI AMAZONAS
AMUR VOLGA GANGES
OBI DANUBIO MEKÓN
CONGO MISURI ORINOCO
VERTICAIS: 1. ROSALÍA (María Rosalía Rita de Castro) 2. CANTAREIRAS (posía popular oral) 3. MURGUÍA (Manuel A. Martínez Murguía) 5. RISCO (Vicente Martínez Risco e Agüero) 8. DIESTE (Rafael Francisco Antonio Olegario Dieste Gonçalves).
HORIZONTAIS: 4. CUNQUEIRO (Álvaro Cunqueiro Mora) 6. CASTELAO (Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao) 7. PONDAL (Eduardo María González-Pondal e Abente) 9. PEDRAYO (Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo) 10. FOLE (Ánxel Fole Sánchez).
Algúns homenaxeados no Día das Letras Galegas ao longo da historia!
VERTICAIS: 1. Escritora e poeta a quen se lle adicou o Primeiro Día das Letras Galegas en 1963 2. A quen se lle adica este ano 2025 o Día das Letras galegas? 3. Primeiro Presidente da Real Academia Galega (RAG) e marido de Rosalía de Castro 5. Escritor ourensán autor da obra O Porco de Pé (1928) 8. Escritor rianxeiro autor da obra Dos arquivos do trasno (1926).
HORIZONTAIS: 4. Escritor mindoniense autor da obra poética Mar ao Norde (1932) 6. Pai do nacionalismo galego, comprometido coa terra e o país, autor da obra teatral Os vellos non deben namorarse (1953) 7. Un fragmento do seu poema Os Pinos constitúe a letra do Himno de Galicia. 9. Escritor e politico ourensán, autor da novela Arredor de si (1930) 10. Escritor lucense, autor da obra Á lus do candil. Contos a carón do lume (1953).
VERTICAIS: 1. Aloumiñar 3. Llobregat 4. Radon 5. Tiber 6. Meis
HORIZONTAIS: 2. Mildio 7. Bombardino 8. Breca 9. Sucre 10. Actinidia.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Tratar con cariño ou afago [a alguén] para producirlle agrado 3. Nome do río máis grande de cataluña que discorre integramente pola comunidade, con nacemento no concello de Castellar de n’Hug e desembocadura no mar Mediterráneo 4. Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio, de símbolo Rn e que está asociado ao cancro de pulmón, presente en altas concentracións no 70% do territorio galego 5. Nome do río que pasa po Roma 6. Concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés, con capitalidade no Mosteiro.
HORIZONTAIS: 2. Enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a viña e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados (follas, flores e froitos) 7. Instrumento de vento, de metal e tubo curvado, moi semellante á tuba, tamén coñecido como eufonio 8. Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval duns cincuenta centímetros de lonxitude, cor rosada, co dorso máis escuro e ás veces con pequenas manchas azuis e fociño alongado, de nome científico Pagellus erythrinus 9. Capital de Bolivia 10. Planta do kiwi.