Blogia
vgomez

A PENSAR

ENCRUCILLADO CLXIX

VERTICAIS: 1. Concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa, onde se celebra o Festival da Luz, creado por Luz Casal 5. Falta de forzas, de vigor 7. Conxunto de filamentos da espiga de millo 9. Palabra cunha orixe e uso principalmente islámico nos países árabes, que traducida sería Se Deus quere.

HORIZONTAIS: 2.  Árbore da familia das mimosáceas orixinaria de Australia, de casca lisa e agrisada, follas moi divididas e flores amarelas, recendentes, en forma de boliñas que se agrupan en acios e de nome científico Acacia dealbata 3. Capital de Armenia 4. Nome da ría que forma a desembocadura do sistema dos ríos Nervión e Ibaizabal, así como os seus últimos afluentes, na súa chegada ao mar Cantábrico, no golfo de Biscaia 6. Elemento químico metálico de cor branca azulada e brillo intenso, maleable e pouco resistente que en contacto coa humidade atmosférica se cobre facilmente dunha capa de óxido e que ten de símbolo Zn 8. Siglas para depresión illada en niveis altos, tamén coñecida como gota fría 10. Peixe de río da familia dos ciprínidos, habitante de augas profundas, co corpo oval comprimido lateralmente, de cor tirando a verde polo lombo e a branca polo ventre, que acada os quince quilos de peso. apreciado pola súa abundante carne e de nome científico Cyprinus carpio.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXVIII

Camiño FRANCÉS      

Camiño INGLÉS

Camiño PRIMITIVO                   

Camiño do NORTE

Camiño de INVERNO                  

Camiño PORTUGUÉS

Vía da PLATA                             

Camiño Mar de AROUSA e río Ulla

Camiño de FISTERRA e Muxía     

Camiño Portugues da COSTA

Camiños de Santiago!

SOPA DE LETRAS CLXVIII

FRANCÉS       INGLÉS          PRIMITIVO      PLATA

NORTE            INVERNO       PORTUGUÉS

COSTA            FISTERRA      AROUSA    

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXVIII

VERTICAIS: 1. Zamborca 3. Canadá 5. Carraxe 8. Estraloque 9. Groenlandia.

HORIZONTAIS: 2. Tallin 4. Manganeso 6. Dracma 7. Louvre 10. Escoura.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CLXVIII

VERTICAIS: 1. Peixe da familia dos clupeidos, de cor azul verdosa no lombo e prateada nos flancos e no ventre, que pode alcanzar os sesenta centímetros de lonxitude, vive en augas profundas e desova no curso baixo dos ríos, cuxo mome científico é Alosa alosa 3. País soberano de América do Norte, con capital en Ottawa, no que ten postos os ollos  o Presidente electo de EEUU co anhelo de anexión  5. Profunda irritación do ánimo producida por algún suceso adverso 8. Planta silvestre da familia das escrofulariáceas, de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata trinta centímetros de alto con numerosas flores con forma de alferga, coa corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello, con nome científico Digitalis purpurea 9. Illa situadana zona nororiental de América do Norte, entre o océano Atlántico e o océano Glacial Ártico, politicamente constituída como unha nación constituínte do Reino de Dinamarca.

HORIZONTAIS: 2. Capital e principal porto de Estonia 4. Elemento químico metálico de transición, de cor cinsenta, brillo aceirado, duro, moi oxidable, fácil de crebar e de símbolo Mn.6. Moeda de Grecia antes do Euro 7. Maior museo e máis visitado do mundo 10. Materia que se desprende do ferro ao traballalo na forxa.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXVII

Regalos típicos de Reis!

SOPA DE LETRAS CLXVII

PUCHO         BUFANDA          PIXAMA

PATÍNS         BICICLETA        PATINETE

MÓBIL           COLONIA          CALCETÍNS

LIBRO            XOIA                 CONSOLA

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXVII

VERTICAIS: 1. MARISCO 2. FIGOS 5. BACALLAU 7. MAZAPÁN 9. TURRÓN.

HORIZONTAIS: 3. SIDRA 4. VIÑO 6. CAPÓN 8. UVAS 10. POLVORÓN.

Non poden faltar nas comidas de Nadal!