Blogia
vgomez

A PENSAR

PROBLEMAS ILUSTRADOS II

Onte propúxenvos un sinxelo problema aritmético no que deberiades de empregar o menor número de pasos posible, facendo un debuxo que axudase a entender o problema coa solución.

Este era o problema 1: Pablo ten cinco canicas vermellas e tamén ten canicas azuis. En total ten once canicas. As canicas de Xulia son verdes e azuis. Xulia ten tantas canicas azuis como Pablo e ademais ten dúas canicas verdes menos que canicas vermellas ten Pablo. Cantas canicas ten Xulia?

Aquí tedes a solución!

Como vedes a técnica do debuxo é moi interesante, xa que o noso cerebro procesa esta combinación de información verbal e numérica, e convértea nunha representación mental a fin de identificar a mellor estratexia de resolución.

E aquí tedes outro problema no que tedes que empregar a mesma técnica!

2. Sofía colle o tren sendo de día, viaxa durante 5 horas e chega ao seu destino ás 11 h. Fernando subiuse ao tren ao mesmo tempo que Sofía e a súa viaxe durou 2 horas menos. A que hora chegou Fernando ao seu destino?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com

PROBLEMAS ILUSTRADOS

Cal é a mellor forma de enfrontarse (e resolver con éxito) ao enunciado dun problema matemático? Talvez facendo un debuxo? Iso é, polo menos, o que suxire un novo e rechamante estudo efectuado por investigadores das Universidades de Xenebra e Borgoña.

Non é unha suposición trivial. Asúmese que, cando nos enfrontamos ao enunciado dun problema matemático que inclúe tanto información matemática (números e operacións aritméticas), como non matemática (o contexto do problema e as características das entidades que o protagonizan), o noso cerebro procesa esta combinación de información verbal e numérica, e convértea nunha representación mental a fin de identificar a mellor estratexia de resolución. E, doutra banda, cada vez máis estudos suxiren que os debuxos esquemáticos que usualmente elabóranse para resolver este tipo de problemas son un reflexo das devanditas representacións mentais.

Póñámolo en práctica!

Propóñovos unha serie de sinxelos problemas aritméticos usando en cada caso o menor número de pasos posible, e facendo un debuxo que axudase a entender o problema e resolvelo.

Comezamos!

1. Pablo ten cinco canicas vermellas e tamén ten canicas azuis. En total ten once canicas. As canicas de Xulia son verdes e azuis. Xulia ten tantas canicas azuis como Pablo e ademais ten dúas canicas verdes menos que canicas vermellas ten Pablo. Cantas canicas ten Xulia?

Mañá a solución e un novo problema!

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLVIII

VERTICAIS: 1. Intersticio 2. Praia 3. Narciso 5. Hungría 8. Lobios.

HORIZONTAIS: 4. Gaián 6. Segre 7. Cornecho 9. Taibo 10. Felón.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CLVIII

VERTICAIS: 1. Fenda ou pequeno oco entre dous corpos ou entre as partes dun corpo 2. Capital da república de Cabo Verde 3. Planta bulbosa anual da familia das amarilidáceas, da que existen distintas especies, con follas radicais estreitas e flores moi aromáticas, brancas ou amarelas, con forma de tubo 5. País da Europa Central, estado soberano da Unión Europea, con capital en Budapest 8. Concello ourensán, na comarca da Bixa Limia, onde está encravado a Parque Natural da Baixa Limia e Serra dos Xeres.

HORIZONTAIS: 4. Peixe da familia dos lábridos, de cor alaranxada con manchas negras as femias e os exemplares máis novos e parda verdosa con bandas azuis ou violetas os machos e de nome científico Labrus bimaculatus 6. Río do nordeste da Península Ibérica, principal afluente do río Ebro pola súa beira esquerda, con 265 km de curso por Francia e España 7. Peza de pan ou parte dunha peza de pan con forma de corno 9. Apelido do pintor galego (A Coruña, 1889-París, 1919), membro da Xeneración Doente Galega menos conocido por vivir toda a súa traxectoria vitale artística no estranxeiro, considerado o potenciador do modernismo na pintura galega 10. Que actúa con deslealdade e comete actos indignos, que encerran traizón e engano.

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS CLVIII

Do porco ata me gustan os andares!

SOPA DE LETRAS CLVIII

XAMÓN          LACÓN          TOUCIÑO

FOCIÑO          LINGUA         CHOURIZO

CASTELA        ORELLA         ESPIÑAZO

RABO               UÑA               CACHUCHA

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLVII

VERTICAIS: 1.CHIMBORAZO 2. PALMATORIA 3. CHELÍN 5. MOGADISCIO 7. MURRAY 9. PONI.

HORIZONTAIS: 4. VANADIO 6. MORCEGO 8. XUNCA 10. ENTRIMO.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CLVII

VERTICAIS: 1. Estratovolcán potencialmente activo, situado no centro de Ecuador, pertencente á cordillera dos Andes, específicamente aos Andes setentrionais, cunha altitude de 6263,47 m s. n. m. 2. Candeeiro baixo que ten un pé en forma de prato e un mango ou asa 3. Seudónimo artistico do pintor coruñés José Eduardo Martínez González (1945-2016) 5. Capital federal de Somalia 7. Principal río de Australia cos seus 2375 km 9. Cabalo de raza pouco alzada.

HORIZONTAIS: 4. Elemento químico metálico de transición, de cor e brillo semellantes aos da prata, con símbolo V 6. Mamífero voador con ás formadas por unha membrana entre as extremidades superiores, as inferiores e a cola 8. Planta herbácea da familia das ciperáceas, de talos triangulares, follas serradas na marxe e flores en espiga, máis común en lugares húmidos e de nome científico Cyperus longus 10. Concello da provincia de Ourense, na comarca da Baixa Limia, onde se atopa a igrexa de Santa Maria A Real, de estilo barroco churrigueresco, cuxa construción estímase que terminou ao redor do ano 1739.