Blogia
vgomez

ESTÁS DE HUMOR PARA UNS PASATEMPOS?

De que falamos cando falamos do humor? Ou, para ser máis precisos, cando falamos de estar, ou non, de humor. Outra cuestión, máis transcendente, é se afecta o noso estado de humor a como afrontamos as tarefas que realizamos e, se é así, de que modo o fago. Un estudo recentemente publicado ofrece algunhas respostas a estas preguntas e conclúe, ademais, que o noso ánimo condiciona a forma en que procesamos a linguaxe.

O dicionario da RAE, na sétima e última acepción do termo “humor” alude a un estado afectivo que se mantén por algún tempo. E a RAG, na segunda acepción alude a estado de ánimo que unha persoa ten de seu, pola súa natureza, ou que ten de forma pasaxeira por calquera circunstancia. E, efectivamente, os psicólogos definen o humor como un estado afectivo, distinto da emoción, de baixa intensidade, difuso e relativamente duradeiro. Un estado afectivo que oscila entre o bo e o mal ánimo e que, en última instancia, si  afecta ou, polo menos, condiciona, a maneira na que acometemos as tarefas mentres perdura.

BBVA-OpenMind-Barral-estas de humor para unos pasatiempos_1 El estudio señala que al procesar un discurso, el receptor hace un ejercicio de continua comparación entre sus conocimientos adquiridos y el contenido del texto. Crédito: Getty Images

O estudo sinala que ao procesar un discurso, o receptor fai un exercicio de continua comparación entre os seus coñecementos adquiridos e o contido do texto 7 Getty Images

Más en concreto, parece que o estado de humor ten incidencia en como procesamos unha información, lida ou oída. E, máis especificamente, en como procesamos a mensaxe do discurso. É dicir, que o humor ten incidencia na nosa análise do contido, máis que no continente; no fondo, máis que na forma.

Pasatempo 1: Contido vs continente. Fondo vs forma

BBVA-OpenMind-Pasatiempo_1

O 31 de marzo de 1983 ás 8:12 horas da mañá a terra tremeu en Popayán, Colombia, durante apenas 18 segundos. Foi un terremoto bastante modesto, pois só alcanzou unha magnitude de 5,5 na escala Richter. Con todo, arrasou a cidade causando graves desfeitas e deixándoa en ruínas. Algo que, anos despois, tratou de reflectir o pintor e escultor colombiano Fernando Botero no seu lenzo Terremoto en Popayán, pintado en 1999.

Aínda que, ben mirado, hai un detalle no cadro que convida a pensar que talvez o sismo non causou un impacto tan indeleble no artista… ou quizá simplemente sexa cuestión do tempo transcorrido.

Mañá a solución!

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com/humanidades

Continuará...

0 comentarios