ENCRUCILLADO CL
VERTICAIS: 2. Nome plo que é coñecido o pintor galego José Otero Abeledo (1908-1996) 3. Pecho rústico, polo xeral formado por unha soa peza de madeira que xira sobre unha punta cravada no centro, utilizado para pechar portas, ventás, cancelas etc. 4. Elemento químico de transición, metal precioso branco prateado, dúctil e maleable, empregado en xoiaría e na industria e de símbolo Pt 7. Peixe da subclase dos acantopterixios, de cor verde azulada no dorso, ventre prateado e costados de cor azul con bandas en tons prateados, que vive en bancos sobre fondos areosos ou de grava e de nome científico Ammodytes tobianus 8. Liberar [un fillo] da autoridade paterna.
HORIZONTAIS: 1. Capital de Filipinas 5. Concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ortegal, onde se celebra o Festival Internacional do Mundo Celta o segundo fin de semana de xullo 6. Planta silvestre da familia das escrofulariáceas, de talo ergueito, follas basais e inflorescencia de ata trinta centímetros de alto con numerosas flores con forma de alferga, coa corola de cor púrpura ou rosada e interior branco punteado de vermello e de nome científico Digitalis purpurea 9. Río máis longo de Europa con 3.645 km 10. Xogo que consiste en lanzar bólas a un grupo de paus, postos de pé en varias ringleiras, para derribalos no menor número de tiradas posible.
0 comentarios