Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CCII

VERTICAIS: 1. En núeros romanos 48 3. Illa que se atopa no fondo da ría de Pontevedra, pertencente ao concello de Poio, que durante moitos anos estivo militarizada coa creación da Escola Naval Militar de Marín 5. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinotérreos, brando, dúctil e maleable, de cor branca prateada, que descompón a auga por contacto e de símbolo Sr 6. Medida de capacidade para grans, legumes, sementes etc., de valor moi variable segundo os lugares, e segundo o que se mida, que corresponde habitualmente a catro ou cinco ferrados ou tegas 9. Rexión administrativa de Portugal, situada no sur do territorio continental, dividida en 16 concellos e coa capital na localidade de Faro.

HORIZONTAIS: 2. Unidade monetaria oficial da República de Botswana desde 1976, dividido en 100 thebe 4. Herba anual de ampla distribución, de até 70 cm, que presenta follas envainantes con lígula membranosa, tamén coñecida como bagoas de San Pedro, e de nome científico Briza máxima 7. Capital da República de Colombia 8. Concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense, no que no lugar de Trasalba, se atopa o Pazo Museo Otero Pedrayo 9. Ave pernilonga da orde dos caradriformes, de cor branca e negra, patas azuladas e peteiro longo de punta aguzada e curvado cara a arriba, sendo o seu nome científico Recurvirostra avosetta.

0 comentarios