Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BULGARIA? XIII

Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.

 A contestación correcta á pregunta de onte é Sofía. A capital, conta con 1.190.256 habitantes (censo de 2021). Seguénlle Plovdiv con 321.824 hab., Varna con 311.093 hab. e Burgas con 188.242 hab.(Censo 2021).



E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a relixión predominante en Bulgaria?

- Islam

- Cristianismo protestante

- Cristianismo ortodoxo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: viajar.elperiodico.com e viajeroscallejeros.com

0 comentarios