Blogia
vgomez

A PENSAR

SOPA DE LETRAS CXIX

SOPA DE LETRAS CXIX

ROBLA (A)          BONAR          SAHAGÚN

BAÑEZA (A)        LEÓN             CACABELOS

CISTIERNA         FABERO         CARRACEDELO

ONZONILLA        SARIEGOS     VILLATURIEL

XEROGLÍFICO XXXVII

A solución ao xeroglífico de onte é: BUTACÓN

b + U + tacón = BUTACÓN

E imos coa proposta de hoxe!

 Mañá a solución!

FONTE: lamochililla.blogspot.com


XEROGLÍFICO XXXVI

A solución ao xeroglífico de onte é: TESTA

T + T (TES) + T + A = TESTA

E imos coa proposta de hoxe!

Mañá a solución!

FONTE: lamochililla.blogspot.com

XEROGLÍFICO XXXV

Xeroglífico moi sinxelo. Mañá a solución!

FONTE: lamochililla.blogspot.com

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXVI

VERTICAIS: 1. Almofía 4. Alentexo 6. Rabada 7. Honquemia 8. Xel.

HORIZONTAIS: 2. Malta 3. Maruxiña 5. Tarbela 9. Tiraboleiro 10. Turófilo.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXVI

VERTICAIS: 1. Recipiente en forma de cunca, máis ancho ca fondo, que se usa xeralmente para lavarse 4. Rexión histórica, xeográfica e cultural do centro-sur de Portugal 6. Peixe mariño da familia dos lófidos de corpo ancho e aplanado, cabeza e boca grandes, pel lisa, sen escamas, cor castaña ou encarnada e ventre branco cunha membrana negra, con nome científico Lophius budegassa 7. Herba dioica, perenne e lampiña, de pequenos talos prostrados dos que crecen raíces nos seus nós, con follas carnosas, pequenas flores de 5 pétalos brancos, que vive na primeira liña de duna da costa 8. Produto de consistencia xelatinosa, composto de auga ou aceite, que se utiliza na elaboración de produtos cosméticos, de hixiene persoal ou farmacéuticos

HORIZONTAIS: 2. Nome do pequeno país europeo con capital na Veleta 3. Insecto da familia dos coccinélidos, de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos, con sete puntiños negros e de nome científico Coccinella septempunctata 5. Trebello para espantar os paxaros, xeralmente con aspas que baten contra un obxecto metálico, e fan ruído ao seren movidas polo vento. 9. Persoa encargada de manexar o botafumeiro, particularmente o da catedral de Santiago de Compostela 10. Amante do queixo.

SOLUCIÓN AO ENIGMA DE EINSTEIN

 

Se seguiches un a un os pasos (seguro que completaches a táboa coas cores das casas, as bebidas, as marcas de cigarros e as mascotas) a resposta é que o dono do peixe é o veciño alemán.

En caso contrario, no vídeo superior tes os pasos a seguir para obter a solución final! 

FONTE: elconfidelcial.com

O ENIGMA DE EINSTEIN

Non hai nada como unha proba de agudeza visual ou un problema matemático difícil de resolver para conseguir atrapar a atención de todo o mundo. Un dos retos que desafía á túa mente é o coñecido como "o enigma de Albert Einstein". Este desafío foi citado pola prestixiosa Universidade de Stanford e suponse que só o 2% da poboación é capaz de resolvelo.

Que di o enigma?

Na formulación danse 15 pistas sobre unha rúa na que hai cinco casas. Cada unha dunha cor, cada inquilino dunha nacionalidade, cunha mascota, unha bebida e unha marca de tabaco distintos. E resolvelo consiste en pescudar quen é o dono do peixe, sabendo que:

1.- O británico vive na casa vermella

2.- O sueco ten un can

3.- O danés bebe té

4.- O noruegués vive na primeira casa

5.- O alemán fuma Prince

6.- A casa verde está xusto á esquerda da branca

7.- Na casa verde bébese café

8.- Quen fuma Pall Mall ten paxaros

9.- Na casa amarela fúmase Dunhill

10.- Na casa do centro bébese leite

11.- Quen fuma Blends vive á beira de quen ten un gato

12.- Quen ten un cabalo vive á beira de quen fuma Dunhill

13.- Quen fuma Bluemaster bebe cervexa

14.- Quen fuma Blends vive á beira de quen bebe auga

15.- O noruegués vive á beira da casa azul

Anímaste a resolvelo? Si, pois douche un método: unha táboa!

Mañá a solución!

FONTE: quo.eldiario.es/ciencia e elconfidelcial.com