Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXVIII

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXVIII

As cores en galego!

SOPA DE LETRAS CXVIII

SOPA DE LETRAS CXVIII

BRANCO       VERMELLO       AZUL

VERDE          MARRÓN          NEGRO

ROSA            VIOLETA          LARANXA

GRIS             BEIXE              AMARELO

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXXV

VERTICAIS: 1. Estruga 2. Congro 3. Tinto 4. Pardal 5. Berna 6. Magnitude 8. Treixadura.

HORIZONTAIS: 7. Attosegundo 9. Mulhacén 10. Regueifa.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXXV

VERTICAIS: 1. Planta herbácea da familia das urticáceas, da que existen diferentes especies que se caracterizan por ter o talo e follas cubertos de pelos urticantes e flores en acio, que ao contacto coa pel produce proído e ampolas 2. Peixe mariño da orde dos angüiliformes, de corpo alongado e cilíndrico, boca grande coa maxila superior saínte, pel viscosa sen escamas e cor cincenta ou negra no dorso e abrancazada no ventre, con nome científico Conger conger 3. Río costeiro que discorre pola provicia de Huelva e que despois de percorrer 100 km chega á ría de Huelva onde se funde co rio Odiel 4. Paxaro da orde dos paseriformes, moi común, de pequeno tamaño, con plumas pardas raiadas de escuro e peteiro curto e curvo, que se alimenta de grans, sementes, insectos etc., e do que existen varias especies 5. Capital de Suiza 6. A escala sismolíxica de Richter mide nun terremoto a... 8. Variedade de uva branca, en acios grandes e moi pechos, de bagos alongados, duros e moi doces.

HORIZONTAIS: 7. Unidade de tempo equivalente a trillonésima parte dun segundo 9. Pico máis alto da península ibérica 10. Disputa dialéctica improvisada e en verso, especialmente entre os asistentes a unha voda.

CANTO SABES DE CUBA? IV

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é A Habana.

A Habana é a capital de Cuba, a súa urbe máis grande, o principal porto, o seu centro económico-cultural e o seu principal polo turístico. É a cidade máis poboada do país cunha poboación de 2.492.618 habitantes​ e a máis poboada da rexión do Caribe. Como capital de Cuba, a cidade é a sede oficial dos órganos superiores do Estado e o Goberno cubano, de todos os organismos centrais e de case a totalidade de empresas e asociacións de ámbito nacional. Ademais, reúne a maior cantidade de sucursais e casas matrices das entidades estranxeiras radicadas en Cuba. Santiago de cuba é a segunda cidade máis importante con 588.719 habitantes.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Como é a organización territorial de Cuba?

- 14 provincias e un municipio especial

- 15 provincias

- 15 provincias e un municipio especial

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxe: lavanguardia.com e es.wikipedia.org/wiki

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXVII

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CXVII

Nunha casa de labranza galega!

SOPA DE LETRAS CXVII

SOPA DE LETRAS CXVII

FOUCE         ANGAZO          ROMANA

CESTO         AIXADA           GELLETA

ADIVAL       SERRA              MACHADA

FORCADO

ANIMAIS EXTINTOS XIV

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos do Uro euroasiático, hoxe tócalle o turno á...

14. Parrulo do Labrador

O parrulo do Labrador (Camptorhynchus labradorius) foi descuberto en 1789, e apenas 89 anos despois extinguiuse. Descoñécese a razón da súa desaparición, pero probablemente foi a caza indiscriminada. Este parrulo de varias cores de América do Norte migraba anualmente desde Nova Jersey a Nova Inglaterra. Non hai rexistros desde a recolección do último espécime en 1875.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza