SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXI
VERTICAIS: 1. Windsor 2. Bocareu 3. Solenoide 4. Canela 7. Arsénico 9. Aceda.
HORIZONTAIS: 5. Tordo 6. Garnacha 8. Fiorde 10. Chernozem.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Windsor 2. Bocareu 3. Solenoide 4. Canela 7. Arsénico 9. Aceda.
HORIZONTAIS: 5. Tordo 6. Garnacha 8. Fiorde 10. Chernozem.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Nome do castelo inglés onde foi enterrada, na cripta real, a raíña Isabel II hai uns días 2. Peixe da superorde dos teleósteos, de pequeno tamaño, arredor duns vinte centímetros, corpo alongado cunha cor azulada no lombo e prateada no ventre, que se consome habitualmente á vinagreta ou en conserva e de nome científico Engraulis encrasicholus 3. Bobina cilíndrica en forma de hélice que xera un campo magnético cando é atravesada por unha corrente eléctrica 4. Óso máis longo e groso dos dous que unen o xeonllo co pé 7. Elemento químico sólido, de cor gris metálica, moi velenoso e de símbolo As. 9. Planta herbácea da familia das poligonáceas, da que existen diversas especies silvestres ou cultivadas, de follas grosas e de sabor acedo, que se utiliza na cociña como condimento ou en ensaladas, e que ten tamén aplicacións medicinais.
HORIZONTAIS: 5. Ave da familia dos túrdidos, que existen varias especies, que se caracteriza por ter o lombo de cor parda e cinsenta e o ventre a pencas, e que se alimenta de bagas, caracois, miñocas e insectos 6. Uva, branca ou tinta, de sabor doce e fino, moi empregada na elaboración de viños 8. Golfo longo, estreito e de gran profundidade, resultado da inmersión dun val glaciar, propio de Escandinavia, Escocia e Groenlandia 10. Tipo de chan negro rico en humus (do 3 ao 13 %), ademais de selo en potasio, fósforo e microelementos, un dos máis fértiles para a agricultura, que Ucraína ten e polo que Rusia pelexa tamén.

Países africanos!

ANGOLA ALXERIA BOTSUANA
BENÍN MALÍ CAMERÚN
UGANDA ZAMBIA MARROCOS
BURUNDI ETIOPÍA GABÓN

VERTICAIS: 1. Nipón 2. Gorbachov 4. Polaris 6. Doa 8. Artemis.
HORIZONTAIS: 3. Dniéper 5. Noruega 7. Cazón 9. Cerquiño 10. Sucre.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Persoa natural ou habitante do Xapó. 2. Apelido do dirixente ruso e Premio Nobel da Paz, falecido o pasado 30 de agosto 4. Estrela máis brillante da constelación da Osa Menor 6. Boliña pequena de vidro ou outro material, cun buraquiño polo que se enfía con outras pezas iguais formando colares, adornos etc. 8. Mome do programa espacial que ten por finalidade a volta a Lúa e que a primeira misión deste programa foi aprazada, despois de dous intentos, ata finais deste mes.
HORIZONTAIS: 3. Río que discorre por Rusia central, Belarús e Ucraína e desmboca no mar Negro, despois de percorrer 2.287 km. 5. Oslo é a capital de... 7. Peixe mariño da subclase dos elasmobranquios, de corpo alongado de cor acastañada, coas aletas dorsal e caudal coma as das quenllas e o fociño arredondado, que vive tanto nas augas profundas coma nas superficiais e de nome científico Galeorhinus galeus 9. Especie de carballo monoico, máis miúdo, rustico e frugal có carballo común, coñecido tamén como rebolo 10. Capital de Bolivia.
Animais domésticos!
CAN GATO CANARIO
PEIXE POMBA PERIQUITO
LORO GALIÑA TARTARUGA
XÍLGARO PARRULO CACATÚA