Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CV

VERTICAIS: 1. Esmola 3. Gotland 4. Cancereixo 6. Ferrol 9. Urraca.

HORIZONTAIS: 2. Milla 5. Sanabria 7. Cadelucha 8. Danubio 10. Camboxa.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CV

VERTICAIS: 1. Aquilo que se lles dá aos que non teñen medios propios para vivir 3. Nome da maior illa de Suecia e do mar Báltico, situada ao leste de Suecia e ao norte de Polonia, sendo tamén un condado de Suecia 4. Árbore caducifolia da familia das rosáceas, de cortiza lisa de cor gris, follas alternas, flores brancas recendentes e froitos globosos, pequenos, de cor vermella intensa, e de nome científico Sorbus aucuparia 6. Cidade e concello da provincia da Coruña, importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval 9. Nome da que foi raína de Galicia, León, Castela e Toledo, chamada polos seus coetáneos e historadiores da época como A Temereria.

HORIZONTAIS: 2. Medida de lonxitude utilizada na Gran Bretaña e en países que estiveron baixo a súa influencia, que equivale a 1.609 m 5. Lago localizado na provincia de Zamora, que cunha superficie de 369 hectáreas e 51 metros de profundidade, convértese no maior lago de España 7. Molusco bivalvo da familia dos donácidos, duns tres centímetros de lonxitude, coa cuncha de cor verde oliva pálida ou parda clara e interior branco, violeta ou laranxa e de nome científico Donax trunculus 8. Nome do segundo río máis longo de Europa, que nace en Alemaña (Selva Negra) e desemboca no mar Negro, despois de percorrer 2.888 km 10. Nome do país asiático que ten como capital Phnom Penh.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS XCIX

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS XCIX

 

Algúns das elevacións máis grandes da Terra!

EVEREST: 8.848 m           

LHOTSE: 8.516 m

MAKULA: 8.485 m            

MANASLU: 8.167 m

ANNAPURNA: 8091 m       

GASHERBRUM: 8.080 m

ACONCAGUA: 6.960 m      

MERCEDARIO: 6.720 m

CHIMBORAZO: 6.239 m      

DENALI: 6.191 m

KLIMANJARO: 5.895 m       

ELBRÚS: 5.642 m



SOPA DE LETRAS XCIX

SOPA DE LETRAS XCIX

 

EVEREST             LHOTSE         

MAKULA              MANASLU         

ANNAPURNA      GASHERBRUM

ACONCAGUA      MERCEDARIO    

CHIMBORAZO    DENALI            

KLIMANJARO     ELBRÚS

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CIV

 

VERTICAIS: 1. Navia 2. Corgo 3. Estocolmo 5. Creta 6. Midway 8. Trancha.

HORIZONTAIS: 4. Gadoupa 7. Elbrús 9. Pradairo 10. Croscat.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CIV

VERTICAIS: 1. Río do norte da península, cuxo curso se reparte entre Galicia e Asturias, con nacemento no municipio de  Piedrafita do Cebreiro (Lugo) e desembocadura no mar Cantábrico, entre o cabo de San Agustín e  Peñafurada 2. Camiño estreito e profundo que discorre xeralmente entre valos, cómaros ou outras elevacións do terreo 3. capital e maior cidade de Suecia 5. Illa mediterránea, a maior e máis poboada das illas gregas 6. Nome das illas, onde Mariña dos Estados Unidos repeleu un ataque xaponés, marcando esta vitoria un vento de cambio no escenario da guerra do Pacífico, na Segunda Guerra mundial. 8. Peixe da familia dos clupeidos, duns quince centímetros e cor azulada no lombo e prateada no ventre, que ten as escamas da zona ventral dispostas a modo de quilla e de nome científico Sprattus sprattus.

HORIZONTAIS: 4. Pé dalgúns animais, provisto de unllas fortes, curvadas e aguzadas, dispostas para apresar e esgazar 7. Pico máis elevado de Rusia e Europa, cunha altitude de 5.642 m sobre o nivel do mar 9. Árbore da familia das aceráceas, de copa ampla, casca lisa e agrisada, follas caducas lobuladas e dentadas, flores en acios colgantes, con froitos miúdos en sámara e de nome científico Acer pseudoplatanus 10. Nome do volcán de tipo estromboliano que se atopa no noroeste do municipio de Santa Pau, na comarca da Garrocha en Xirona (Cataluña).

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XCVIII

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XCVIII

Algúns dos afluentes do río Miño!

Os afluentes da sopa de letras, indicando dereita  ou esquerda, concello e provincia de desembocadura:

ARNOIA, pola esquerda. Arnoia (Ourense)

ASMA, pola dereita. Chantada (Lugo)

AVIA, pola dereita. Ribadavia (Ourense)

BUBAL, pola dereita. Os Peares (Ourense)

CASELAS, pola dereita. Tui (Pontevedra)

DEVA, pola dereita. Arbo (Pontevedra)

LADRA, pola dereita. Outeiro de Rei (Lugo)

LOURO, pola dereita. Tui (Pontevedra)

NARLA, pola dereita. Lugo

SIL, pola esquerda. Os Peares (Ourense)

TAMUXE, pola dereita. O Rosal (Pontevedra)

TEA, por la derecha. Salvaterra do Miño (Pontevedra)

SOPA DE LETRAS XCVIII

SOPA DE LETRAS XCVIII

 

ARNOIA          AVIA          CASELAS

ASMA              SIL             DEVA

BÚBAL            LOURO       LADRA

TAMUXE         TEA             NARLA