Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CV

VERTICAIS: 1. Aquilo que se lles dá aos que non teñen medios propios para vivir 3. Nome da maior illa de Suecia e do mar Báltico, situada ao leste de Suecia e ao norte de Polonia, sendo tamén un condado de Suecia 4. Árbore caducifolia da familia das rosáceas, de cortiza lisa de cor gris, follas alternas, flores brancas recendentes e froitos globosos, pequenos, de cor vermella intensa, e de nome científico Sorbus aucuparia 6. Cidade e concello da provincia da Coruña, importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval 9. Nome da que foi raína de Galicia, León, Castela e Toledo, chamada polos seus coetáneos e historadiores da época como A Temereria.

HORIZONTAIS: 2. Medida de lonxitude utilizada na Gran Bretaña e en países que estiveron baixo a súa influencia, que equivale a 1.609 m 5. Lago localizado na provincia de Zamora, que cunha superficie de 369 hectáreas e 51 metros de profundidade, convértese no maior lago de España 7. Molusco bivalvo da familia dos donácidos, duns tres centímetros de lonxitude, coa cuncha de cor verde oliva pálida ou parda clara e interior branco, violeta ou laranxa e de nome científico Donax trunculus 8. Nome do segundo río máis longo de Europa, que nace en Alemaña (Selva Negra) e desemboca no mar Negro, despois de percorrer 2.888 km 10. Nome do país asiático que ten como capital Phnom Penh.

0 comentarios