SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXXIII
VERTICAIS: 1. Zêzere 2. Mula 3. Treviño 4. Cabaqueiro 6. Nauru.
HORIZONTAIS: 5. Ervellaca 7. Tabarca 8. Kabul 9. Coitado 10. Choupa.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Zêzere 2. Mula 3. Treviño 4. Cabaqueiro 6. Nauru.
HORIZONTAIS: 5. Ervellaca 7. Tabarca 8. Kabul 9. Coitado 10. Choupa.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Segundo maior río portugués, que nace na serra da Estrela, e que conflúe co rio Texo ao oeste da localidade de Constância, despois dun curso de cerca de 242 quilómetros 2. Animal de carga de sexo femia, que nace do cruzamento entre un cabalo e unha burra ou entre unha egua e un burro 3. Enclave burgalés (Castela e León) situado no interior da provincia de Álava (País Vasco) cuxas terras rodéano completamente 4. Telleiro que se adicaba a facer tellas a man, é dicir, de forma tradicional 6. Terceiro estado máis pequeno do mundo, situado no océano Pacífico central, que comprende unha soa illa xusto ao sur da liña do ecuador e que ten por capital Yaren.
HORIZONTAIS: 5. Planta rubideira da familia das leguminosas, anual, de follas paripinnadas, flores de cor púrpura e de nome científico Vicia sativa 7. Nome da illa máis grande da Comunidade Valenciana, é tamén a única habitada, que se atopa a uns 22 quilómetros da cidade de Alacante, a uns 8 km do porto de Santa Pola 8. Capital de Afganistán 9. Desventurado, que é vítima da sorte adversa 10. Molusco da clase dos cefalópodos de aparencia semellante á da lura, pero coa cabeza máis voluminosa e de nome científico Illex coindetti.

Máis países da UE!

BÉLXICA RUMANÍA MALTA BULGARIA
CHEQUIA LITUANIA CROACIA ESLOVAQUIA
ESPAÑA ESTONIA LETONIA FINLANDIA

VERTICAIS: 2. Alpujarras 3. Cospeito 5. Fochicar 8. Litas 9. Acedía.
HORIZONTAIS: 1. Afganistán 4. Moroni 6. Sado 7. Markel 10. Estripeiro.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 2. Comarca histórica de Andalucía, quecinclúe parte da provincia de Granada e parte da provincia de Almería, nas saias da parte sur de Serra Nevada 3. Nome do concello da provincia de Lugo, pertencente á Terra Chá e cuxa capitalidade é A Feira do Monte 5. Manipular cousas que estaban en orde deixándoas revoltas ou en mal estado 8. Unidade monetaria de Lituania ata xaneiro de 2015 en que fois substiuída pol euro 9. Peixe da superorde dos teleósteos, do que existen varias especies, semellante ao linguado, aínda que máis pequeno e de inferior calidade.
HORIZONTAIS: 1. País sen saída ao mar situado en Asia, concretamente na rexión de Oriente Medio, onde os talibáns tomaron o control logo da retirada de tropas estadounidenses deste territoro, o que ten similtude coma o segundo Vietnam 4. Capital de Comores, un país formado por tres illas no sueste de África, situado ao extremo norte da Canle de Mozambique no Océano Índico, entre o norte de Madagascar e o norte de Mozambique 6. Río de Portugal, dos máis importantes dos que discorren exclusivamente por territorio portugués, que nace na Serra de Caldeirão, a 230 m de altitude, e percorre 180 km antes de desembocar mediante un amplo esteiro, no océano Atlántico xunto á cidade de Setúbal 7. Apelido davpolítica alemá que desempeña as funcións de chanceler do seu país desde 2005 10. Arbusto espiñoso da familia das rosáceas do que existen diversas especies, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras.

VERTICAIS: 1. Carpaza 2. Helicón 4. Bertorella 6. Breogán.
HORIZONTAIS: 3. Rublo 5. Laxeiro 7. Pretoria 8. OPEP 9. Berlengas 10. Galopín.
Máis cultura xeral!

VERTICAIS: 1. Arbusto da familia das cistáceas do que existen distintas especies, de ata un metro de altura, follas ovadas e flores con pétalos de cor branca con base amarela ou alaranxada 2. Instrumento de metal de grandes dimensións, variante da tuba, formado por un tubo circular que se coloca arredor do corpo e se apoia no ombro 4. Peixe mariño da familia dos gádidos do que existen varias especies, parecido á pescada, coas aletas do ventre en forma de filamento, que habita en fondos areosos e é apreciado pola súa carne delicada 6. Rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre, identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium).
HORIZONTAIS: 3. Nome da moeda da Federación de Rusia 5. Nome polo que é coñecido o pintor galego José Otero Abeledo 7. Capital administrativa de Suráfrica 8. Organización de Países Exportadores de Petróleo 9. Arquipélago, de bloque granítico, situado no Océano Atlántico, a 10 km ao oeste de Peniche, na costa de Portugal 10. Pillabán, rapaz que comete pequenos enganos ou fraudes con habilidade e sen malicia.