ENCRUCILLADO LXXXIV
VERTICAIS: 1. Concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol, situado na ría do mesmo nome, onde desemboca o río Condomiñas 3. País sen saída ao mar da Europa do Leste, que limita con Romanía e Ucraína, e con capital en Chișinău 5. Ave da familia dos colúmbidos, de cor gris cinsenta, coas patas e o peito granates, pintas brancas nas ás e no pescozo e no extremo do rabo unha ancha banda negra e que ten por nome científico Columba palumbus 6. Enclave catalán de España en territorio francés que pertence administrativamente á comarca da Baixa Cerdanya, situado a 153 quilómetros ao norte de Xirona e rodeado na súa totalidade por territorio francés 8. Planta ventureira da familia das malváceas, da que existen diversas especies, que pode alcanzar unha altura considerable, con flores, polo xeral, de cor violeta clara, rosa ou branca.
HORIZONTAIS: 2. Apelido do primeiro arcebispo de Santiago de Compostela e impulsr da construción la catedral de Santiago 4. Consello Xeral do poder Xudicial 7. Folgazán, persoa pouco amiga de traballar 9. Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre e de nome científico Scomber scombrus 10. Río que nace na Muela de San Juan, no contorno dos Montes Universais, Serra de Albarracín (Teruel), e que despois de 280 km desemboca no Mediterráneo, a altura da cidade de Valencia.
0 comentarios