Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS MORCEGOS? XII

Continuo coa serie adicada aos morcegos, a miúdo etiquetados como pragas chupadoras de sangue ou portadoras de patógenos potencialmente mortais, como os coronavirus, pero esa reputación oculta todas as cousas boas que fan, desempeñando un papel crucial en moitos ecosistemas ao polinizar plantas e cultivos, e regular as poboacións de insectos.

A contestación correcta á pregunta de onte é Todos os anteriores. Virus da ébola (Ebolavirus), enfermiade que produce unha febre hemorráxica viral. SARS (Síndrome respiratorio agudo grave), que é unha forma grave de pneumonía. MERS (Síndrome respiratorio de Oriente Medio), enfermidade respiratoria grave que involucra principalmente ao tracto respiratorio superior.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

12. Tal como dixemos en días anteriores, no munho hai 1.100 especies de morcegos. Pero cantas delas hai en España?

- 15

- 25

- 34

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es/naturaleza e bbc.com    Imaxe: gobiernodecanarias.org

0 comentarios