Blogia
vgomez

A PENSAR

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXIV

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXIV

 

VERTICAIS: 1. Braga 2. Xela 3. Betanzos 4. Kosciuszko 7. Sáhara 8. Tambo.

HORIZONTAIS: 5. Longueirón 6. Danubio 9. Asmara 10. Nós.

Repaso cultura xeral XIV!

ENCRUCILLADO LXIV

ENCRUCILLADO LXIV

 

VERTICAIS: 1. Terceira cidade máis poboada de Portugal, tamén coñecida como a cidade dos arcebispos, situada no norte do país 2. Nome da poetisa, narural de Sarria (Lugo), a quen se lle adicara o Día das Letras Galegas 2021 3. Cidade da provincia da coruña que foi unha das sete capitais de provincia do antigo Reino de Galicia 4. Montaña máis alta da Australia continental, cunha altitude de 2.228 metros 7. Deserto cálido máis grande do mundo, sendo o segundo maior deserto do mundo (despois do da Antártida)  8. Illa galega da provincia de Pontevedra, situada no medio da Ría de Pontevedra, xa na súa parte final, entre á vila de Marín e o municipio de Poio.

HORIZONTAIS: 5. Molusco bivalvo comestible da familia dos solénidos, de cuncha alongada, semellante á da navalla, pero máis longa e menos curvada e de nome científico  Ensis siliqua 6. Segundo río máis longo de Europa, tras o Volga. 9. Capital e cidade máis poboada de Eritrea 10. Palabra do Ano 2020 promovida polo Portal das Palabrasla, páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié.

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS: AGASALLOS DE REIS

Espero que caese algo!

SOPA DE LETRAS: AGASALLOS DE REIS

BICICLETA      COLONIA        BONECOS       CARTOS

XOGUETES      TABLETA         ROUPA           PATÍNS 

MÓBIL             RELOXO          CARTEIRA     

PATINETE        CONSOLA       CARTOS

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS: FORON NOTICIA NO 2020

Que nos deparará o ano 2021?

SOPA DE LETRAS: FORON NOTICIA NO 2020

MARADONA        TRUMP       PANDEMIA             PGE

CORENTENA       VACINA      EUTANASIA           BREXIT

SIMÓN                BIDEN        CELAÁ                    EMÉRITO

CORONAVIRUS   TORRA       SÁNCHEZ               FEIJOÓ

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXIII

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXIII

VERTICAIS: 1. Mesía 2. Holanda 3. Amán 7. Scórpio 8. Sabugueiro.

HORIZONTAIS: 4. Sevilla 5. SEAT 6. Nalón 9. Chavella 10. Reo.

Repaso cultura xeral XIII!

ENCRUCILLADO LXIII

ENCRUCILLADO LXIII

VERTICAIS: 1. Os mesienses son os habitantes do concello coruñés de... 2. A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702, dentro do contexto da guerra de Sucesión española, enfrontando ás escuadras das coalicións hispano-francesa e a formada por Inglaterra e.. 3. Capital del Reino de Xordania 7. Título da novela, de 1987, de Ricardo Carballo Calero, homenaxeado iste ano no Día das Letras Galegas 8. Arbusto da familia das caprifoliáceas, de dous a cinco metros de altura, co tronco de cortiza parda e engurrada e abundante miolo branco, moi ramificado, follas imparipinnadas de cheiro desagradable e flores pequenas e brancas en corimbo, e con nome científico Sambucus nigra.

HORIZONTAIS: 4. Capital da Comunidade Autónoma de Andalucia 5. Sociedade Española de Automóbiles de Turismo 6. Río asturiano, sendo o máis longo do principado con 145 km 9. Peza estreita de madeira que, colocada nun furado que hai na parte anterior da cabezalla do carro ou do arado, serve para suxeitar esta ao xugo 10. Peixe da familia dos salmónidos de ata oitenta centímetros e cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao mar e torna ao río onde naceu para desovar e de nome científico Salmo trutta trutta.