SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS LXII

Nunha aldea da nosa terra!

Nunha aldea da nosa terra!

GALIÑEIRO PORCOS VACAS CABRAS
OVELLAS PALLEIRO CURRAL CABACEIRO
FORNO LAREIRA ADEGA CORTELLO
VERTICAIS: 1. Bombai 2. Esequibio 3. Maruca 5. Caneiros 6. Belesar.
HORIZONTAIS: 4. Manzaneda 7. Apia 8. Vermello 9. Ronin 10. Testo.
Repaso cultura xeral XVII!
VERTICAIS: 1. Cidade máis poboada da India 2. Río, orixinalmente chamado por Alonso de Ojeda Río Doce, un dos ríos máis longos e caudalosos de América do Sur que desemboca no océano Atlántico, tendo o segundo esteiro máis grande do continente, despois do Río da Prata 3. Peixe da familia dos gádidos de ata dous metros de lonxitude, barbas na queixada inferior e cor acastañada no dorso e abrancazada no ventre e de nome científico Molva molva 5. Romaría que se celebra na vila coruñesa de Betanzos no mes de agosto, na que os participantes acuden en barco a un campo situado nas marxes do río Mandeo 6. Encoro máis grande de galicia.
HORIZONTAIS: 4. Única estación de esquí de Galicia 7. Capital de Somalia 8. O canal de Suez é un canal artificial que liga o mar Mediterráneo co mar... 9. Título do libro de Francisco Narla (Lugo, 1978), de 2013, que narra a lenda do samurái azoutado polo vento 10. Tapa de potas, tarteiras e outros recipientes similares.
VERTICAIS: 1. Lercho 2. Georgia 3. Graciosa 4. Viar 6. Zamburiña.
HORIZONTAIS: 5. Carucedo 7. Ribadavia 8. Fobos 9. Dakar 10. Loa.
Repaso cultura xeral XVI!
VERTICAIS: 1. Que fala mal dos demais, que conta cousas que debería calar 2. Estado dos EE UU, con capital en Atlanta e que tivo unha segunda volta nas eleccións ao Senado, o pasado 5 de xaneiro 3. O 26 de xuño de 2018 a Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado aprobou por unanimidade unha moción que recoñece a oitava illa habitada de Canaria, deixando de ser considerada como un illote ... 4. Afluente pola dereita do río Guadalquivir, que nace en Puerto Cañada (Serra de Tentudía), no municipio extremeño de Monesterio (Badaxoz) 6. Molusco da clase dos lamelibranquios parecido á vieira, pero de menor tamaño, coas valvas convexas e desiguais, de cor variable, xeralmente de tons marróns, e de carne moi apreciada.
HORIZONTAIS: 5. Lago que sitúase na parte máis occidental da comarca do Bierzo, ao oeste da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León e que destaca entre os lagos de barreira ou aluvionamento pola súa singular formación, debida ás escavacións romanas das Medulas 7. A Festa da Istoria é unha festa dentro dun ambiente medieval de orixe xudía que se celebra na vila pertencente á Comarca do Ribeiro... 8. Lúa máis grande de Marte 9. Capital de Senegal 10. Río que cunha lonxitude de 440 quilómetros, é orío máis longo de Chile, atravesando gran parte do deserto de Atacama desde a súa orixe na cordilleira dos Andes ata chegar ao océano Pacífico.

VERTICAIS: 1. Támesis 3. Liubliana 4. Manzanares 9. Pargo.
HORIZONTAIS: 2. Volanta 5. Carstensz 6. Milladoiro 7. Mazarrón 8. Pancha 10. Guimarães.
Repaso cultura xeral XV!

VERTICAIS: 1. Río londinense que nace no condado de Gloucestershire e desemboca no mar do Norte 3. Capital e maior cidade de Eslovenia 4. Río que pasa por Madrid, afluente pola dereita do río Jarama 9. Peixe da familia dos espáridos, de corpo ovado, alto e comprimido, cor rosada cos costados prateados, ventre abrancazado e de nome científico Pagrus pagrus.
HORIZONTAIS: 2. Arte de pesca de fondo, de forma rectangular e composta por un só pano, que pode alcanzar unha extensión considerable 5. Montaña insular máis alta do mundo e o pico máis alto de Oceanía 6. Grupo musical galego de folk, creado no ano 1979, considerado como o máis internacional dos grupos galegos e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego 7. Illa situada na costa murciana, coñecida simplemente como La Isla ou La Islica 8. Illa situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, cunta extensión de 1,1 hectáreas 10. Cidade portuguesa da rexión norte, cun centro histórico declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2001 e un castelo medieval, construído no século IX, declarado unha das Sete Marabillas de Portugal no año 2007.