Blogia
vgomez

A PENSAR

O TRUCO DO 9

O TRUCO DO 9

 

Elixe un número cos díxitos que queiras. Escríbeo ao revés e réstalle o número orixinal. O resultado é sempre  divisible por 9.

Poñámolo en práctica!

Pensemos, por exemplo no número 21987.

Escribímolo ao reves, e dicir 78912 e restémoslle o que pensamos:

 78912 – 21987= 56925

Comprovemos que é divisible por 9: 56952 : 9 = 6325, ou o que é o mesmo que 9 x 6325

Vexamos outro exemplo:

Número pensado 1956.Aplicamos a norma:

6591 - 1956 = 4635

4635 : 9 = 515, ou o que é o mesmo 9 x 515

Comprobado!



EXPLICACIÓN A ADIVIÑA CALQUERA NÚMERO

EXPLICACIÓN A ADIVIÑA CALQUERA NÚMERO

 

Se lembrades o número elixido no exemplo proposto e que gardamos no peto era o 24371. Lembra, sempre ten que empezar por 2, tal como se indicaba nas normas.

O primeiro número de catro díxitos que propuxemos a continuación, e que escribimos nun novo papel, ten que empezar cos 3 números centrais do número proposto, no noso exemplo é 437, e o último díxito que nos falta debe ser o último dixito do número proposto máis 2. No noso caso sería 1+2=3. O número que propuxemos sería entón o 4373.

O número da outra persoa é aleatorio, esto da seguridade de non engano.

O seguinte que eliximos nós, depende do número que el seleccionou anteriormente e que podemos ver pois está escrito no papel debaixo do proposto por nós. Cada díxito deberá completar 9. No noso exemplo fora 1722, polo que propoñeremos escribindo o 8277 (1+8=9; 7+2=9; 2+7=9 e 2+7=9), aplicando esa norma.

A outra persoa elixe outro número aleatoriamente, no noso exemplo o 1437 e o procedemento é o mesmo que no anterior paso para propoñer o noso. No noso exemplo o número debe ser 8562 (1+8=9; 4+5=9; 3+6=9 e 7+2=9).

Ao final, se sumamos todas as cifras o resultado será o número que escondemos ao principio no peto, é dicir 24371.

Quedou claro? Estupendo!

ADIVIÑA CALQUERA NÚMERO

ADIVIÑA CALQUERA NÚMERO

Imos ver como adiviñar calquera número que elixa outra persoa. Toma nota:

Escribe nun papel un número de 5 díxitos, pero que comece por 2 e escóndeo no peto. Noutro papel escribe outro número de 4 díxitos. Dille á persoa que estea contigo que propoña outro número de 4 díxitos e que o escríba debaixo do número anterior. A continuación elixe ti outro número de 4 díxitos esvríbeo debaixo do anterior. Proponlle á persoa que se atopa contigo que poña outro número de catro díxitos e o escriba debaixo dos anteriores. Finalmente, selecciona ti un quinto número de 4 díxitos e colócao ao final. Sumar todos. Comproba o resultado é o primeiro número escrito e que estaba escondido no teu peto.

Poñámolo en práctica!

Escribe, nun papel, un número, de 5 díxitos e que comece por 2, por exempo, 24371. Ecóndeo no peto.

Agora, escribe, noutro papel, un número de 4 díxitos, por exemplo 4373.

Pídelle, a unha persoa que se atope contigo, que escriba no teu papel (non o do peto) outro número de catro díxitos debaixo do número anterior, por exemplo 1722.

A continuación eleixe ti outro número de catro díxitos e pono debaixo dos anteriores, por exemplo 8277 é á persoa que se atope contigo outro de catro díxitos, debaixo dos anteriores, por exemplo 1437.

Finalmente, escribe ti, debaixo dos números anteriores outro número de catro cifras, por exemplo 8562.

Súmaos: 4373 + 1722+ 8277 + 1437 + 8562 = 24371

Fantástico!

Onde está o truco? Eso será mañá....

TRUCOS MATEMÁTICOS: 37, O NÚMERO MÁXICO



Pensa nun número de tres díxitos idénticos. Suma os díxitos e divide o número orixinal polo resultado da suma do paso anterior. O resultado sempre será 37.

Poñámolo en práctica!

Exemplos 1: Número elexido 444

4+4+4= 12
444/12= 37


Exemplos 2: Número elexido 666

6+6+6= 18
666/18= 37

Comprobado!

SOLUCIÓN AO CRUCIGRAMA XXVIII

SOLUCIÓN AO CRUCIGRAMA XXVIII

 

VERTICAIS: 1. Estocolmo 2. Funafuti 3. Lima 5. Jerusalén 9. Asunción.

HORIZONTAIS: 4. Estambul 6. Caracas 7. Lomé 8. Paramaribo 10. Dodoma.

Capitais do mundo!

TRUCOS MATEMÁTICOS: O RESULTADO SEMPRE É 2

Elixe un número e multiplícao por 3. Súmalle 6 e divide o resultado por 3. A continuación réstalle o número que elixiches ao principio. O resultado sempre será 2.

Póñámolo en práctica:

Exemplo 1: Eleximos un número: 3

3x3= 9
9+6= 15
15/3= 5
5-3= 2

Exemplo 2: Eleximos un número: 15

15x3= 45
45+6= 51
51/3= 17
17-15= 2

Comprobado!

CRUCIGRAMA XXVII

CRUCIGRAMA XXVII

 

VERTICAIS: 1. Capital e cidade máis poboada de Suecia, un país nórdico situado na península escandinava 2. Capital de Tuvalu, antigamente Illas Ellice, un arquipélago pertencente á rexión da Polinesia, localizada no Océano Pacífico 3. Capital dun país, chamado Perú, ubicado ao oeste de América do Sur, no que o océano Pacífico bordea a súa costa 5. Capital dun país de Oriente Próximo que se atopa na ribera sueste do mar Mediterráneo, considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas :xudaísmo, cristianismo e islamismo 9. Capital dun país do centro da América do Sur, chamado Paraguai, sendo o centro industrial e cultural do país, así como o seu principal porto.

HORIZONTAIS: 4. Capital dun país situado entre Asia (95% do seu territorio) e Europa (5% do seu territorio), coñecida historicamente como Bizancio, e dispois Constantinopla 6. Capital dun país suramericano, chamado Venezuela 7. Capital dun país ubicado na zona intertropical da África subsahariana, chamado Togo 8. Capital dun país de Ámerica do Sur, antiguamente coñecido como Güiana Neerlandesa (ou tamén Güiana) e hoxe coñecido como Surinam 10. Capital dun país, situado na costa leste de África Central, chamado Tanzania.

Mañá a solución!

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXVI

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS XXVI

Algunhas Comunidades Autónomas!