Blogia
vgomez

COMUNICADOS

CALENDARIO CURSO ESCOLAR 2016/2017

CALENDARIO CURSO ESCOLAR 2016/2017

 

Un curso que remata e xa coñecemos o calendario do vindeiro curso escolar 2016/2017. O pasado día 15 saíu publicado no DOGA a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2016/17 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A grandes rasgos e no referente a Educación Secundaria Obrigatoria, no Bacharelato e na Formación Profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 15 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos incluídos.

Os períodos de vacacións serán:

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

Entroido: días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.

Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos incluídos.

    Día do Ensino será o 31 de outubro de 2016.

 

Se queres coñecer polo miudo este calendario só tes que premer AQUÍ.

REMATA O CURSO

REMATA O CURSO

Apagar por vacacións / Imaxe:www.beevoz.com

Hoxe é o último día lectivo deste curso 2016/2017. Mañá serán as sesión de avaliación e o próximo luns, día 27, ás 12 horas será a entrega de notas.

Ata entón, días de vavacións para a maioría e de preocupación para moitos pola incertidume dos resultados do luns.

A espera, como dicían os romanos Alea jacta est (A sorte está botada)

GAÑADORES DO RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 2016

GAÑADORES DO RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 2016

 

Os meus parabéns aos gañadores do RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 2016 na fase celebrada en Santiago de Compostela, o pasado venres. Iste ano foi por partida dobre: o alumnado de 1º ESO e o de 4º ESO.

Sodes uns cracks!

ESTAMOS DE VOLTA

ESTAMOS DE VOLTA

Despois destes días de descando volvemos ao traballo. Por diante, un longoooo trimestre: uns poucos días que restan de marzo, todo abril, maio cunha pequena parada nas Letras Galegas (16 e 17, luns e martes, respectivamente) e xuño (rematando as clases o día 22, mércores).

Como vedes a 3ª avaliación preséntase longa e complicada. Mirade polo lado positivo, despois... vacacións de verán!

AXUDAS PARA CURSO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA INGLÉS 2016

AXUDAS PARA CURSO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA INGLÉS 2016

 

Hoxe publicase no DOGA, a orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización  de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas  ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de  concorrencia competitiva.

Está destinada ao alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia, e que estea cursan 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Nela establécense as bases e convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formacióndesenvolvemento de estadías de inmersión de escolares galegos e galegas en centros residenciais de Galicia.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (a partir de mañá/

Para toda a información e documentación preme AQUÍ.

FONTE: Consellería de Educación e O. U.

CHEGARON AS VACACIÓNS!

CHEGARON AS VACACIÓNS!

Semana Santa divertida / Imaxe:divertifiesta-arroyo.com

Por fin! Despois do trago amargo, para algúns, de recoller as notas, chegaron as vacacións de Semana Santa para todos.

Días de descanso para cargar as pilas e poder enfrentarse ao último trimestre.

Vémonos de novo o martes, día 29.

Boas vacacións!

ESTAMOS DE VOLTA

ESTAMOS DE VOLTA

Todo o bo remata!

Estamos de volta das vacacións para volver á rutina. Pero sexamos positivos pois á volta da esquina está o Entroido,(vacacióóóns), os días 8, 9 e 10 de febreiro, e no mes seguinte, marzo, as vacación de Semana Santa (do 21 ao 28), previamente teremos que recoller notas.

Son 3 meses escasos, pero intensos, que na maioría dos casos marcarán con certo peso xa as cualificacións finais de xuño, por iso empezar con bo pé.

Ánimo!

CALENDARIO INICIO DE CURSO 2015/2016

CALENDARIO INICIO DE CURSO 2015/2016

 

15 de setembro: Presentación ESO e FP Básica

     1º ESO: 12:30 horas

     2º ESO: 13:00 horas

     3º ESO: 13:15 horas

     4º ESO: 13:30 horas

     FP Básica: 16:30 horas

16 de setembro: Presentación Bacharelato, Ciclos e Ensinazas Adultos

      Ciclos: 12:00 horas

      1º Bacharelato: 12:30 horas

      2º Bacharelato: 13:00 horas

      Bacharelato Adultos: 17:00 horas

      ESA: 20 horas

17 de setembro: Comezo das clases

      8:20-9:10: Presentación na aula de referencia co Tit@r

      9:10: Comezo clases seguindo horario.

FONTE: IES A Sangriña