Blogia
vgomez

COMUNICADOS

HOXE COMEZA O VERÁN 2017

HOXE COMEZA O VERÁN 2017

Verán /Imaxe: agenciadecomunicación.com

Hoxe día 21, ás 6:14 horas, comeza o verán. Estación que durará 93 días e 15 horas, ata o 22 de setembro, data que comezará o outono.

Este día ten lugar o solsticio de verán, é dicir o momento no que o eixe da Terra está o máis orientado cara ao Sol. Hoxe o Sol estará ao mediodía no punto máis alto do ceo e será tamén o día máis longo do ano, podendo disfrutar de moitas horas de luz.

Benvido!

AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O PRÓXIMO CURSO

AXUDAS PARA A COMPRA DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O PRÓXIMO CURSO

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abre hoxe o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2017/18.

O vindeiro curso 2017/2018 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. Nos restantes cursos -1º e 2º de educación primaria, e en educación especial- funcionarán as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado na educación primaria, ESO e educación especial.

As solicitudes poderá presentarse de xeito presencial nos propios centros docentes onde estea matriculado o alumno (con carácter preferente), ou ben nos rexistros oficiais establecidos para tal fin, co formulario cuberto e a documentación requirida.

O prazo remata o día 23 de xuño.

Para máis información preme AQUÍ.

FONTE: Cosellería de Cultura, Educacion e Ordenación Universitaria.

VOLTA ÁS CLASES

VOLTA ÁS CLASES

Volta ás clases / Imaxe:eoisantiago.org

Comezamos a terceira e última avaliación do curso. Realmente son dous meses. Moi pouco tempo, polo que a actividade será moi intensa. E aínda por riba, un rosario de festivos faran a avaliación moito máis pequena. Vexamos!

Estamos a día 18 de abril, máis da metade do mes. O día 1 de maio, luns, festa do 1º de maio, Día do Traballo. O 2 de maio, día non lectivo nos centros escolares de A Guarda (2º día a que teñen dereito. O primeiro foi o día de Santa Trega). Na metade do mes, o día 17, mércores, Día das Letras Galegas. E, xa en xuó, o 23, venres, rematan as clases.

Espérannos dous meses moi, moi... complicados!

VACACIÓNS!

VACACIÓNS!

Vacaciones de Semana Santa / Imaxe:IES Alborán

Hoxe, venres, 7 de abril, ás 14 horas comezan as vacacións de Semana Santa, despois da recollida das temidas notas.

Xa era hora! A verdade é que iste trimestre foi moi logo, pero pola contra o terceiro será case un suspiro.

Retomamos as clases o martes, día 18.

Boas vacacións a to@s!

GALICIA BIODIVERSIDADE

GALICIA BIODIVERSIDADE

Panel 1 / Imaxe: Víctor M.G.R.

Dende hoxe, e durante 15 días, temos na planta baixa do nos IES a exposición "GALICIA BIODIVERSIDADE".

Formamada por un total de 17 paneis, achegan ao alumnado a posibilidade de coñecer a diversidade de especies animais e vexetais que se pode atopar en Galicia, os ecosistemas que habitan, e as múltiples formas de ameaza que poden afectar ás súas poboacións.

Nela atoparanse as principais especies galegas de flora e fauna, as súas características, os factores que poñen en perigo a súa supervivencia e as ferramentas que existen hoxe en día para a súa protección.

A finalidade é que o alumnado poda descubrir o papel que pode desempeñar na conservación da nosa biodiversidade, adoptando un papel activo na protección do medio natural que poden atopar na súa contorna.

Que a disfrutedes!

VOLTA ÁS CLASES

VOLTA ÁS CLASES

Volta ás clases / Imaxe:eoisantiago.org

Hoxe toca empezar un novo curso!

Para algúns o primeiro día no IES, para a maioría reencontro cos compañeir@s e profesor@s. No día de hoxe as presentacións, no Salón de Actos, que comezarán ás 10 horas para o alumnado de 1º ESO. Ás 11 tocaralle ao alumnado de 2º ESO e cada media hora o resto de cursos. Unha parada para comer e ás 16 horas volta a empezar, agora cos cursos de adultos nocturno.

Mañá, ás 8:20 comezan as clases, iso sí, a 1ª hora estaredes cos vosos titores e a partir da 2ª hora (9:10) seguiredes o horarrio que na 1ª hora facilitaravos o Titor.

Iste curso ten como novidade a implantación da LOMCE nos cursos que faltaban da ESO e Bacharetalto (2º e 4º ESO e 2º Bach.) e a aparición do PMAR (Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemenmto) en 2º ESO.

Seguro que xa estades a pensar nas vacacións, pois aquí tedes o calendario:

23 de setembro: Festa Local Sta. Trega

31 de outubro: Día do Ensino

22 de decembro 2016 - 6 de xaneiro 2017: Nadal

27 e 28 de febreiro e 1 de marzo: Entroido

10 ao 17 de abril: Semana Santa

2 de maio: Día non Lectivo proposto polos Centro da Localidade

23 xuño: Remate clases do curso.

Bo comezo de curso a tod@s!

CONTA ATRÁS

CONTA ATRÁS

 

Hoxe comeza a conta atrás, que rematará o xoves, día 1 de setembro, cando comezan os exames da setembro.

Se tes algunha dúbida do día, hora e aula da materia ou materias ás que tes que presentarte só tes que premer AQUÍ.

Boa sorte!

EXAMES SETEMBRO 2016

EXAMES SETEMBRO 2016

 

Velaquí tendes o calendario de exames de setembro 2016 de todas as materias e cursos. Para acceder preme AQUÍ.

FONTE: centros.edu.xunta.es/iesasangrina