Blogia
vgomez

COMUNICADOS

COMEZO DO INVERNO

COMEZO DO INVERNO

Inverno / Imaxe: s1.1zoom.me

Hoxe, 21 decembro, comeza o inverno, concretamente ás 17:28 hora peninsular. Durará 88 días e 23 horas, cando empece a primavera, 20 de marzo.

O solsticio de inverno, que dá comezo e nome á estación, é o día máis curto do ano (ao mediodía o sol alcanza o punto máis baixo de todo o ano). A partir de hoxe os días comenzan a alargarse.

É o que toca!

CHEGA O HORARIO DE INVERNO

Cambio horario
Cambio horario: ás tres volven a ser as dúas

Esta noite cámbiase a hora por segunda vez neste 2017. Nesta ocasión os reloxos atrásanse unha hora, e ás tres da mañá volven ser as dúas. Unha hora extra de sono esta fin de semana, que sempre vén cargada de debate. Este cambio horario é parte da directiva europea 2000/84/CE que afecta a todos os Estados membros da UE e que pretende aproveitar mellor as horas de luz solar para consumir menos electricidade.

Normalmente trátase do último fin de semana de outubro para o cambio de horario de inverno, e o último de marzo para o de verán. No outono atrasamos o reloxo unha hora, e na primavera, adiantámola.

En España contamos coa particularidade de que temos dúas horas oficiais, unha para a Península e o arquipélago balear e outra para as Illas Canarias, que van unha hora por detrás desde 1922. Ambas adiantan ou atrasan unha hora segundo corresponda, aínda que durante 60 minutos a península e as Canarias teñen a mesma hora unha vez ao ano: durante a hora que na península xa atrasamos e no arquipélago aínda non.

Cada vez que chega un cambio de hora, en España (e no resto de Europa) facémonos a mesma pregunta: está España no fuso horario correcto? O certo é que non ten sentido que Galicia e Portugal leven unha hora, cando están no mesmo meridiano.

Todo empezou en 1942 cando, no medio da II Guerra Mundial, e para congraciarse co III Reich alemán, o Goberno de Franco ordenou que ás 11 da noite pasasen a ser as 12. E aínda que ao principio ía ser unha decisión temporal o certo é que España nunca volveu ao fuso horario que lle corresponde: o do meridiano de Greenwich (GMT no inverno).

Por esta razón, a península española ten a Hora Europea Central (a de Berlín) en lugar da Occidental (a de Londres), polo que temos unha hora de adianto con respecto ao sol no inverno e dous no verán.

Sexa como sexa, a durmir unha hora máis!

FONTE: Patricia Muñoz de la Llave/Xornal El País

CHEGOU O OUTONO

CHEGOU O OUTONO

Caída das follas no outono / Imaxe:artistasde1a.blogspot.com.es

Hoxe, 22 de setembro, concretamente ás 22:02 horas, comeza o outono. Durará ata o 21 de decembro, cando empece o inverno despois de 89 días e 20 horas.

O equinoccio de outono, que dá comezo á estación que lle dá o seu nome, é o momento do ano en que o día ten a mesma duración que a noite. A partir de hoxe os días serán cada vez máis curtos, e é que o outono é a época en que a lonxitude do día acúrtase máis rápido.

Bo outono a tod@s!


CHEGOU O DÍA!

CHEGOU O DÍA!

Dilema da xubilación / Imaxe:Howden Iberia

Chegou o día, 31 de agosto de 2017. Un día de cambio de ciclo na miña vida: A xubilación!

Despois de 40 anos de traballo comezo unha nova etapa, na que botarei de menos o contacto diario cos mesus alum@s. Foron moitos anos!

Pero a vida segue e esto é un punto e seguido. Mañá, 1 de setembro, este blog seguirá, pero cambiará de aspecto, adecuándose a nova situación da miña vida. Aparecerán novas sección e desaperecerán todas as relativas á información das notas, titorias... Lóxico!

Nunca pensei que me custase tanto!

EXAMES DE SETEMBRO Á VISTA

EXAMES DE SETEMBRO Á VISTA

 

O próximo venres, día 1 de setembro, comezan os exames de setembro, continuando o luns día 4. Este mesmo día serán as avaliacións de 2º de bacharelato e a entrega de notas (13 horas). O martes día 5 serán as sesións de avaliación de 1º de bacharelato e ESO, sendo a entrega de notas o mércores, día 6, as 9 horas.

Indicarvos que houbo CAMBIOS no calendario de exames, polo que aconséllovos que comprobedes as datas e horas, premendo AQUÍ.

Boa sorte a tod@s!

MODIFICACIÓNS CALENDARIOS EXAMES SETEMBRO

MODIFICACIÓNS CALENDARIOS EXAMES SETEMBRO

 

A Xefatura de Estudos do noso IES, fixo algunhas modificacións nas datas, horas e lugares de certas materias nos exames de setembro.

No referente ás miñas materias (F e Q 2º ESO, Bio-Xeo pendentes 1º ESO, Ciencias da Natureza pendentes 1º ESO e Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO) só sufríu unha variación.

* F e Q de 2º ESO: mantén o día, luns día 4, pero pasa a ser no Salón de Actos, de 8:20 a 9:50 horas.

No referente á miña Titoría, 1º ESO A, a única materia con alumnos suspensos, Inglés, non sufríu variacións.

Para o resto de cursos e materias, consuslta as posibles variación premendo AQUÍ.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017/2018

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2017/2018

O noso Centro / Imaxe: Atlántico Diario

A ORDE do 12 de xuño de 2017 establece o calendario escolar para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Data de comezo do curso: 15 de setembro de 2017

Data de remate do curso: 21 de xuño de 2018

Períodos de vacacións:

Día do Ensino: 7 de decembro de 2017.

Vacacións Nadal: do 22 de decembro de 2017 ata o 7 de xaneiro de 2018, ambos inclusive.

Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2018

Semana Santa: do 24 de marzo ao 2 de abril de 2018, ambos inclusive.

Se queres consultar polo miudo a citada orde preme AQUÍ.

REMATAN AS CLASES

REMATAN AS CLASES

Aulas sen alumnado / Imaxe:LaRed21

Chegou o día 23. Rematan as clases! Iso si o mércores, día 28, ás 10 horas, será a hora H, a recollida das cualificacións deste curso escolar.

E despois, VACACIOOOOOOOOÓNS!

E os que suspenderon? Tamén teñen vacacións, só que con organización toto ten arreglo: unhas horas pola mañá e o resto do día descanso. Iso si, o horario hai que cumprilo para que non levemos sustos outra vez en setembro.

Boas vacacións a tod@s!