CHEGA O HORARIO DE INVERNO
Cambio horario: ás tres volven a ser as dúas
Esta noite cámbiase a hora por segunda vez neste 2017. Nesta ocasión os reloxos atrásanse unha hora, e ás tres da mañá volven ser as dúas. Unha hora extra de sono esta fin de semana, que sempre vén cargada de debate. Este cambio horario é parte da directiva europea 2000/84/CE que afecta a todos os Estados membros da UE e que pretende aproveitar mellor as horas de luz solar para consumir menos electricidade.
Normalmente trátase do último fin de semana de outubro para o cambio de horario de inverno, e o último de marzo para o de verán. No outono atrasamos o reloxo unha hora, e na primavera, adiantámola.
En España contamos coa particularidade de que temos dúas horas oficiais, unha para a Península e o arquipélago balear e outra para as Illas Canarias, que van unha hora por detrás desde 1922. Ambas adiantan ou atrasan unha hora segundo corresponda, aínda que durante 60 minutos a península e as Canarias teñen a mesma hora unha vez ao ano: durante a hora que na península xa atrasamos e no arquipélago aínda non.
Cada vez que chega un cambio de hora, en España (e no resto de Europa) facémonos a mesma pregunta: está España no fuso horario correcto? O certo é que non ten sentido que Galicia e Portugal leven unha hora, cando están no mesmo meridiano.
Todo empezou en 1942 cando, no medio da II Guerra Mundial, e para congraciarse co III Reich alemán, o Goberno de Franco ordenou que ás 11 da noite pasasen a ser as 12. E aínda que ao principio ía ser unha decisión temporal o certo é que España nunca volveu ao fuso horario que lle corresponde: o do meridiano de Greenwich (GMT no inverno).
Por esta razón, a península española ten a Hora Europea Central (a de Berlín) en lugar da Occidental (a de Londres), polo que temos unha hora de adianto con respecto ao sol no inverno e dous no verán.

Sexa como sexa, a durmir unha hora máis!
FONTE: Patricia Muñoz de la Llave/Xornal El País
0 comentarios