Blogia
vgomez

COMUNICADOS

VACACIÓNS

VACACIÓNS

Chegou o día. Unhas horas máis de clase, recollida de notas á última hora (despois de facer algo de limpeza na aula) chegan as ... VACACIÓNS.

Días de descanso, sen profes, nin alumnos-as, en fin ... pasalo ben.

Eso si, o martes 14 ás 8:20 temos unha cita.

¡Boas vacións para todos e todas!

CAMBIO DE HORA

CAMBIO DE HORA

O reloxo adiantarase unha hora durante esta  madrugada do sábado ao domingo.

A medida aplícase en cumprimento da Directiva Comunitaria que rixe o cambio de hora e que afecta a todos os paises membros da Unión Europea.

O cambio de hora empezouse a xeneralizarse a partir de 1974, a consecuencia da primeira crisis do petróleo, cando algúns países decidiron adiantar os reloxos para poder aproveitar a luz do Sol e gastar menos electricidade. Aplícase como directiva dende 1981 e foi renovada sucesivamente cada catro anos.

Segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o potencial de aforro en iluminación no soso país polo cambio de hora pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a uns 300 millóns de euros.

UN RECORDO PARA MANUEL

UN RECORDO PARA MANUEL

D. Manuel García Varela

Seguramente os que vexades esta fotografía non recoñeceredes quen é, pero se preguntades aos vosos irmás ou pais posiblemente si. Tratase dun profesor que foi..., pois lamentablemente hoxe faleceu en Tui (lugar onde tiña a súa residencia e o seu traballo, aínda que non era nativo desa vila) despois dunha curta pero intensa enfermidade, o profesor de Latín deste Centro durante varios anos. Era, ... si era D. MANUEL GARCÍA VARELA.

Fun moi poucos anos compañeiro seu, foi profesor dunha das miñas fillas, pero ante todo foi unha boa persoa. Dende aquí, os meus respectos. Son moitos os alumnos-as de A Guarda que pasaron polas súas mans.

¡Descanse en paz!

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo de 2009, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA, que este ano leva o lema: "Os recursos híricos transfronteirizos".

Este día pretende dar énfase a cuestións  relacionadas ás aguas compartidas. Persoas de todo o mundo están invitadas a celebrar este día resaltando a importancia dos desafíos mundiais de compartir a agua e as oportunidades.

Nós, dende o IES, queremos esta próxima semana reslatar a importancia da depuración das augas no proceso do ciclo hidrolóxico. Por eso o próximo martes os alumno-as de 1º ESo farán unha visita á EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de A Gurada, onde coñecerán de primeira man este proceso que permite evitar a contaminación do noso mar, sendo máis respectuosos co medio ambiente.

Así mesmo dende a A21EG fixemos unha serie de recomendacións para o aforro deste líquido tan importante para os seres vivos. Facemos un chamamento á responsabilidade  de todos e todas ao aforro da auga.

E CHEGOU A PRIMAVERA

E CHEGOU A PRIMAVERA

Hoxe, venres 20 de marzo, ás 12,44 horas comenzará a primavera, que durará 92 días e 18 horas. O equinoccio de primavera é o momento do ano no quea duración do día e a noite é practicamente igual. O equinoccio de primavera pode darse en tres datas distintas ao longo do século XXI, podendo iniciarse entre os días 19 ao 21 de marzo  (data oficial española),  sendo o seu incio máis temperán o do ano 2096 e o inicio máis tardío o do 2003.

CAMPAMENTOS VERÁN 09

CAMPAMENTOS VERÁN 09

 A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca a oferta da Campaña Verán-2009 que comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito estatal, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do lecer e o tempo libre.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos que se especifican para cada actividade (para campamentos de 9 a 17 anos, para actividades para maiores de 18 de 18 a 35 anos, e nos campos de traballo hai que atender ao que se marque en cada un deles). En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase manter desde o inicio ata a finalización do campamento.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:
1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.Neste caso o sorteo realizarase, ante notario, o día 22 DE ABRIL DE 2009 as 12 horas no salón de actos número un, sito na planta baixa das dependencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela.

O prazo de solicitude  rematará o día 24 DE MARZO.

Se estás interesado, tes toda a información en CAMPAMENTOS VERAN 09


BACHARELATO

BACHARELATO

O Tribunal Supremo anulou un real decreto (o 1467/2007, do 2 de novembro) segundo o cal os alumnos de primeiro de bacharelato que suspendesen ata catro materias podían pasar de curso matriculándose en parte de segundo.

En concreto, o que declara nulo o Tribunal Supremo é o artigo 14 do citado real decreto, no que se di: « Quen non promocionen a segundo curso e teñan avaliación negativa en tres ou catro materias poderán optar por repetir o curso na súa totalidade ou por matricularse das materias de primeiro con avaliación negativa e ampliar devandita matrícula con dúas ou tres materias de segundo nos termos que determinen as administracións educativas».

Segundo o Tribunal Supremo, na LOE , do mesmo xeito que nas outras leis, «a promoción ou paso a un curso de bacharelato implica a matrícula en todas as materias que integran devandito curso, e a posibilidade de matricularse de materias soltas queda limitada a materias pendentes do curso anterior e, xa que logo, impide a matrícula de materias soltas dun curso ao que non se promocionou previamente». é dicir, quen se matricule por primeira vez nun curso ha de facelo en todas as súas materias e só se despois quédanlle dúas ou menos pode rexistrarse nestas materias concretas.

Polo tanto, como estaba anteriormente, con máis de dúas materias hai que repetir 1º de bacharelato.

MÓBILES DE PREPAGO: ATENCIÓN

MÓBILES DE PREPAGO: ATENCIÓN

Foto: www.movilae.com

Se eres propietario dun móbil con tarxeta de prepago esta noticia interésache... e moito.

O Ministerio do Interior acaba de facer público que aquel que fale cunha tarxeta de prepago sen identificar, a partir do día 8 de novembro próximo, quedará incomunicado. Polo tanto o meu consello é que os que vos atopedes nesa situación, pasedes polas oficinas da vosa operadora de móbil e fagades a vosa identificación.

Segundo o citado ministerio esta é unha das ferramentas aprobadas polos países membros da Unión Europea para a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada.

Os que teñades móbiles de contrato non tedes problema, pois xa estades identificado nese contrato firmado.