Blogia
vgomez

COMUNICADOS

DÍA MUNDIAL DA AUGA

DÍA MUNDIAL DA AUGA

Hoxe, 22 de marzo de 2009, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA AUGA, que este ano leva o lema: "Os recursos híricos transfronteirizos".

Este día pretende dar énfase a cuestións  relacionadas ás aguas compartidas. Persoas de todo o mundo están invitadas a celebrar este día resaltando a importancia dos desafíos mundiais de compartir a agua e as oportunidades.

Nós, dende o IES, queremos esta próxima semana reslatar a importancia da depuración das augas no proceso do ciclo hidrolóxico. Por eso o próximo martes os alumno-as de 1º ESo farán unha visita á EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) de A Gurada, onde coñecerán de primeira man este proceso que permite evitar a contaminación do noso mar, sendo máis respectuosos co medio ambiente.

Así mesmo dende a A21EG fixemos unha serie de recomendacións para o aforro deste líquido tan importante para os seres vivos. Facemos un chamamento á responsabilidade  de todos e todas ao aforro da auga.

E CHEGOU A PRIMAVERA

E CHEGOU A PRIMAVERA

Hoxe, venres 20 de marzo, ás 12,44 horas comenzará a primavera, que durará 92 días e 18 horas. O equinoccio de primavera é o momento do ano no quea duración do día e a noite é practicamente igual. O equinoccio de primavera pode darse en tres datas distintas ao longo do século XXI, podendo iniciarse entre os días 19 ao 21 de marzo  (data oficial española),  sendo o seu incio máis temperán o do ano 2096 e o inicio máis tardío o do 2003.

CAMPAMENTOS VERÁN 09

CAMPAMENTOS VERÁN 09

 A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca a oferta da Campaña Verán-2009 que comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito estatal, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do lecer e o tempo libre.

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos que se especifican para cada actividade (para campamentos de 9 a 17 anos, para actividades para maiores de 18 de 18 a 35 anos, e nos campos de traballo hai que atender ao que se marque en cada un deles). En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase manter desde o inicio ata a finalización do campamento.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:
1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.
2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.Neste caso o sorteo realizarase, ante notario, o día 22 DE ABRIL DE 2009 as 12 horas no salón de actos número un, sito na planta baixa das dependencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela.

O prazo de solicitude  rematará o día 24 DE MARZO.

Se estás interesado, tes toda a información en CAMPAMENTOS VERAN 09


BACHARELATO

BACHARELATO

O Tribunal Supremo anulou un real decreto (o 1467/2007, do 2 de novembro) segundo o cal os alumnos de primeiro de bacharelato que suspendesen ata catro materias podían pasar de curso matriculándose en parte de segundo.

En concreto, o que declara nulo o Tribunal Supremo é o artigo 14 do citado real decreto, no que se di: « Quen non promocionen a segundo curso e teñan avaliación negativa en tres ou catro materias poderán optar por repetir o curso na súa totalidade ou por matricularse das materias de primeiro con avaliación negativa e ampliar devandita matrícula con dúas ou tres materias de segundo nos termos que determinen as administracións educativas».

Segundo o Tribunal Supremo, na LOE , do mesmo xeito que nas outras leis, «a promoción ou paso a un curso de bacharelato implica a matrícula en todas as materias que integran devandito curso, e a posibilidade de matricularse de materias soltas queda limitada a materias pendentes do curso anterior e, xa que logo, impide a matrícula de materias soltas dun curso ao que non se promocionou previamente». é dicir, quen se matricule por primeira vez nun curso ha de facelo en todas as súas materias e só se despois quédanlle dúas ou menos pode rexistrarse nestas materias concretas.

Polo tanto, como estaba anteriormente, con máis de dúas materias hai que repetir 1º de bacharelato.

MÓBILES DE PREPAGO: ATENCIÓN

MÓBILES DE PREPAGO: ATENCIÓN

Foto: www.movilae.com

Se eres propietario dun móbil con tarxeta de prepago esta noticia interésache... e moito.

O Ministerio do Interior acaba de facer público que aquel que fale cunha tarxeta de prepago sen identificar, a partir do día 8 de novembro próximo, quedará incomunicado. Polo tanto o meu consello é que os que vos atopedes nesa situación, pasedes polas oficinas da vosa operadora de móbil e fagades a vosa identificación.

Segundo o citado ministerio esta é unha das ferramentas aprobadas polos países membros da Unión Europea para a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada.

Os que teñades móbiles de contrato non tedes problema, pois xa estades identificado nese contrato firmado.

ACASO ESCOLAR E INTERNET

ACASO ESCOLAR E INTERNET

Acoso e internet (Foto: www.talinga.net)

Maña, luns 2 de marzo, ás 18 horas e no salón de actos do IES, un grupo especializado da Guarda Civil, impartirá unha charla sobre "O acoso escolar e os perigos do mal uso da internet" para pais, profesores, alumnos maiores e público en xeral. Previamente esta mesma charla foi ofreciada no mes pasado aos alumnos de 1º e 2º de ESO e hoxe mesmo aos alumnos de 3º e 4º de ESO.

A actividade está organizada grupo de Dinamización de Convivencia Escolar.

Penso que é moi importante estar informados para actuar en consecunecia e saber os límites que impón a lei, para poder defender os nosos dereitos.

¡Que sexa proveitosa para todos a charla!

AULAS DA NATUREZA 2009

AULAS DA NATUREZA 2009

O pasado día 12 publicouse no DOGA a convocatoria de axudas para a participacación nas Aulas da Natureza 2009.

Esta convocatoria ten por obxecto promover a convivencia e integración dos alumnos participantes con outros compañeiros de distintas zonas e culturas, ademais da integración de alumnos de réxime xeral e alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, no centro de programas educativos de Viérnoles en Torrelavega (Cantabria).

Poderán solicitar a súa participación os alumnos matriculados en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan unha idade comprendida entre os 11 e os 13 anos durante o período de realización da actividade (Réxime xeral)

Os alumnos participantes desenvolverán a súas actividades en períodos de doce días no centro de programas educativos de Viérnoles en Torrelavega (Cantabria), de acordo coa seguinte distribución:

temporal:

1ª quenda: do 12 ao 23 de xullo de 2009.

2ª quenda: do 23 de xullo ao 3 de agosto de 2009.

3ª quenda: do 3 ao 14 de agosto de 2009.

O Prazo de presentación remata o 12 de marzo e as solicitudes presentaranse no IES.

Se queres coñecer esta convocatoria pincha en AULAS NATUREZA 2009

TEMPORAL: SUSPENSIÓN DE CLASES

TEMPORAL: SUSPENSIÓN DE CLASES

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acaba de irnformar da SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS PARA O DÍA 9, LUNS.

Se queres coñecer o documento emitido pola Consellería remitida a todos os Centros de Galicia pincha en NOTIFICACIÓN OFICIAL XUNTA DE GALICIA.