Blogia
vgomez

UN RECORDO PARA MANUEL

UN RECORDO PARA MANUEL

D. Manuel García Varela

Seguramente os que vexades esta fotografía non recoñeceredes quen é, pero se preguntades aos vosos irmás ou pais posiblemente si. Tratase dun profesor que foi..., pois lamentablemente hoxe faleceu en Tui (lugar onde tiña a súa residencia e o seu traballo, aínda que non era nativo desa vila) despois dunha curta pero intensa enfermidade, o profesor de Latín deste Centro durante varios anos. Era, ... si era D. MANUEL GARCÍA VARELA.

Fun moi poucos anos compañeiro seu, foi profesor dunha das miñas fillas, pero ante todo foi unha boa persoa. Dende aquí, os meus respectos. Son moitos os alumnos-as de A Guarda que pasaron polas súas mans.

¡Descanse en paz!

1 comentario

Andrea -

Onte á noite entereime pola miña mellor amiga q o noso querido profesor Manuel falecera. Ela mais eu non tiñamos contacto dende había anos pero onte falando daqueles anos de instituto xurdiu o tema. Quedei bastante tocada, non tiña nin a menor idea. Deume a dame bastante pena, foi un dos profesores mais queridos por min, mais q profesor chamaríalle mestre, pq nos ensinaba outras cousas mais da vida, facíanos rir e apreciabamolo moito, por cómo era el e por como nos facia sentir. Foi connosco a Grecia e quixonos mostrar o seu lado mais humán. Non volvín a tratar con el dende q deixei o instituto pero sin duda é un dos mestres q sempre recordarei con moito cariño. Facíase querer. Sempre terá un anaquiño do meu corazón. Onde estés Manuel, q sepas q sempre te recordarei e que deixaches unha grande pegada en nós.