Blogia
vgomez

COMUNICADOS

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AXENDA 21

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA AXENDA 21

Dende o 26 de xaneiro ata o 24 de abril está aberto o prazo de presentación de fotografías para o II CONCURSO FOTOGRÁFICO AXENDA 21, que este ano ten como tema "O MIÑO E O SEU ENTORNO".

 

Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).

Datas de presentación: Entre o 26 de xaneiro e o 24 de abril.

Temática: O Río Miño e o seu entorno.

Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Tamén se presentarán en formato dixital a efectos de facer  un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.

Cada fotografía ira acompañada dun  título e un pequeño texto ou  pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.

Entregarase nun sobre   e compañánda doutro cerrado que conteña o nome  e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.

O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.

Exposición e resultados: Desde o 4 ao 14 de maio haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación  en urna (1 por persoa na que aparezan 2  números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos  entre o 13 e 14 de maio, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo  pen drive.

Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:

1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.

2º clasificado – Diploma e un MP4.

3º clasificado- Diploma e MP3.

A entrega de premios será o 15 de maio.

Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.

As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.

¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!

 

CINE A21EG:

CINE A21EG:

A21EG, dentro das actividades do Comité Ambiental, proxecta o mércores 21 de xaneiro, ás 16 horas a película "TIERRA" (Earth).

Trátase dunha película-documental do ano 2007 cunha duración de 96 min. É un ha coproducción GB-Alemana e os directores da mesma son Alastair Fothergill e Mark Linfield. Esta película logra mostrar con todo esplendor a beleza do reino animal, ao tempo que alerta do seu progresivo perigo de desaparición. Ao longo das catro estacións, retrátase os contrastes entre as diferentes partes do planeta e as súas transformacións naturais.

¡Estades invitados!

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS

PROBAS DE ACCESO AOS  CICLOS FORMATIVOS

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou a Orde do 2 de decembro de 2008 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos (grao medio e superior) de formación profesional do sistema educativo.

Se estás interesado ou queres obter máis información pincha en PROBAS ACCESO A CICLOS

INMERSIÓN VERÁN 2009

INMERSIÓN VERÁN 2009

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009. Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos 6º de Primaria, 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º, 2º de BACH e que non gozase dunha bolsa de inmersión 2008.

 Un exempo: Para 1º ESO hai 200 prazas, para inglés, en réxime de aloxamento en campañentos ou residencias, cunha duración de 2 semanas, en distintos lugares de España, cun custe de 1.000 € e cunha aportación da familia de 100 €.

Outro exemplo: Para 2º ESO hai 400 prazas (300 inglés e 100 francés), en aloxamento en familias ou residencias de Francia, Irlanda e Reino Unido, cunha duración de 3 semanas, cun custe de 1860 € e cunha aportación familiar de 150 €.

O PRAZO ESTÁ ABERTO ATA O 9 DE FEBREIRO

Se estás interesado/a e queres maís información pincha nos seguintes enlaces:

CARTEL INMERSIÓN 2009

DOGA INMERSIÓN 2009

 

EXPOSICIÓN SOBRE CAMBIO CLIMÁTICO

EXPOSICIÓN SOBRE CAMBIO CLIMÁTICO

  CAMBIO CLIMÁTICO

O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN

Dende hoxe, día 12, ata o día 16 de xaneiro, está aberta esta exposición no Centro Cultural. Aínda que nela participarán alumnos de 3º, 4º de ESO e 1º BACH do noso Centro (materias de Biloxía-Xeoloxía e Ciencias para o Mundo Contemporáneo), é aberta para todos e todas, alumnos e non alumnos. O mellor horario para asistir é pola tardes a partir das 5, pois polás mañás, tedes clase e está reservada fundamentalmente para Centros de Ensino.

Esta exposición pretende dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

¡Merce a pena!

 

 

 

 

 

2º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE

Espero que todos e todas teñades cargadas as pilas para afrontar o 2º trimestre, que eu penso que o máis ponderante de todos e iso non quere dicir o decisorio, e que ten datas que temos que ten en conta:

Inicio clases: 8 de xaneiro (xoves).

Remate clases: 2 de abril , entrega de notas e comenzo vacacións de S. Santa (venres).

Vacacións: 23-24-25 de febreiro: luns, martes e mércores (Entroido).

                     19 marzo- S. Xosé (xoves).

                     20 marzo- Día do Ensino (venres).

Actividades propias da miña materia:  Reforzo educativo 1º e 2º E.S.O. e dúbidas na materia do trimestre:

Cadernillo : Inicio 8 de xaneiro - Renate 6 de febreiro.

Proba : 17 de febreiro.

Atención ás dúbidas: 1º ESO Luns e 2º ESO martes ( 11:50-12:20 LAB QUIM).

¡Ánimo e bo trimestre! ¡Traballo diario!

 

 

 

 

ENTREGA DE NOTAS

ENTREGA DE NOTAS

 

O venres, 19 DE DECEMBRO,  de 11 a 12 horas (nas aulas respectivas) os titores procederean á entrega de notas. Haberá transporte escolar, tendo en conta que ás 11 ten que estar no IES e marchará de novo ás 12 horas.

Espero que os resultados vos sexan moi favorables. ¡SORTE!

AVALIACIÓNS

AVALIACIÓNS

Estamos a piques de rematar o 1º trimestre e escomenzan os exames de avalición das distintas materias. Tempo de estudo, no que non podemos perder o tempo para lograr uns bos resultados.

As sesións de avaliciación (reunións de todos os profesores-as que imparten ensinanzas nun mesmo curso) serán os seguintes días:

1º ESO A, B, c e D o martes 16 pola tarde.

2º ESO  A, B, C e D o xoves 18 pola tarde.

3º ESO A e B o mércores 17 pola tarde.

3º ESO C e PDC o martes 16 pola tarde.

4º ESO A, B e PDC o martes 16 pola tarde.

4º ESO C o xoves 18 pola tarde.

A entrega de notas será o venres 19 e despois ¡Vacacións!