Blogia
vgomez

COMUNICADOS

A21EG: VIAXE A TUI

A21EG: VIAXE  A TUI

27 alumnos-as e 4 profesores do Comité Ambiental do noso Centro (dos 45 alumnos-as e 10 profesores) fixemos unha visita a cidade de Tui.

O motivo era a inaguración oficial do curso 2008/09 da Axenda 21 Escolar Galega. Tiñamos que asistir mediante VIDEOCONFERENCIA co resto de centros participantes. Dificultades de útima hora impediron tal evento e, improvisando algo realizamos a saída. Esta consistíu na visita á Catedral de Túi (pensada previamente e con recomendación de D.Anxo -profe de relixión do noso centro) e ao seu entorno (por certo tivemos un guía, un sacerdote, que sabía moito máis que latín).

Poteriormente, dado a falla da videoconfertencia visitamos o Monte Aloia (Parque natural)  gozando de vistas extraordinarias e na  que algúns recolleron cogomelos.

En torno ás 20,10 (uns 45 minutos antes do previsto regresamos ao noso punto de partida). Pena da inaguración pero ...¡Pasámolo ben e aprendemos  a respectar o noso patrimonio natural e artístico!

¡Esperamos repetir moitas saídas máis! 

SAÍDA A21EG: TUI

SAÍDA A21EG: TUI

O próximo venres, 24 de outubro, pola tarde (16-20,30 horas), o Comité Ambiental do Centro formado polos alumnos-as e os profesores-as da Axenda 21 Escolar de Galicia, farán unha saída a Tui.

O motivo é asistir ao acto de presentación do "Programa da Axenda 21 Escolar de Galicia. 2008 - 2009 ". A actividade será un encontro virtual por videoconferencia simultánea nos centros da Rede de Telecentros de Galicia, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, Secretaría Xeral de Comunicación da Presidencia da Xunta de Galicia.

Neste encontro informarse detalladamente sobre as directrices do programa da A21EG durante todo o curso 2008 - 2009.

Previamente e aproveitando a viaxe, faremos un percorrido polo patrimonio cultural de Tui: A catedral e a zona antigua.

¡Boa viaxe!

 

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

ANABAM (Asociación Naturista do Baixo MIño)  leva uns años traballando no programa "Un bosque para unha bolboreta". A sua ubicación esta na subida ao monte Santa Trega, case que en fronte da caseta de cobro, ao lado da área de lecer que alí hai.

Trala plantación de érbedos,  levada a cabo o pasado mes de marzo co obxecto de crear o que denominamos "Un bosque para unha bolboreta", e transcurridos xa case que sete meses, faise necesario levar a cabo as labores de mantemento para evitar que as acacias invadan de novo a parcela e estraguen o feito ata agora. Por este motivo, o vindeiro sábado 18 de outubro achegarémonos novamente ata a parcela onde plantamos os érbedos para darlle a primeira limpeza e manter, deste xeito, en perfecto estado este incipiente bosque formado por máis dun cento de érbedos.

ANABAM invita a todas aquelas persoas que queiran botar unha man neste proxecto e faia seguinte convocatoria:

 

SÁBADO, 18 DE OUTUBRO

4 DA TARDE

NAS INMEDIACIÓNS DE CHANS

(MONTE SANTA TREGA)

 

PARA AXUDAR A UNHA DAS MAÍS FERMOSAS

E ESCASAS BOLBORETAS DO BAIXO MIÑO

 

Se queres coñecer polo miúdo este programa pincha en PROXECTO: UN BOSQUE PARA UNHA BOLBORETA

CLIMÁNTICA, NOVO ENLACE.

CLIMÁNTICA, NOVO ENLACE.

Climántica é o novo proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

A parte de Climántica que está dirixida aos alumnos de secundaria expón os grandes problemas ambientais, á vez que os relaciona co cambio climático a nivel global.

O noso  Centro está a realizar actividades a través da A21EG e Atención Educativa de 1º ESO.

Tamén contaremos cunha exposición sobre o "Cambio climático" alá polo mes de febreiro do próximo ano.

A partir de hoxe tes un ENLACE directo con este programa.

Se estás interesado pincha en CLIMÁNTICA

CURSO 2008/2009: DÍA NON LECTIVO

O pasado martes o Claustro de Profesores do IES propuxo como día non lectivo para o presente curso o 4 de maio de 2009, luns. Cada centro pode proponer 2 días, salvo que coincidan con festas locais do Concello. Este é o caso e só se pode propoñer 1 pois o outro xa coincidíu coa festa local de Santa Trega, o pasado 23 de setembro.

O resto de centros da localiade terá o día 31 de outubro, venres.

¡Unha pena que non coincidamos!

CAMPAÑA DE VACINACIÓN FRONTE AO VIRUS DO PAPILOMA HUMANO

CAMPAÑA DE VACINACIÓN FRONTE AO VIRUS DO PAPILOMA HUMANO

A Consellería de Sanidade ven de incluír no calendario de vacinación de Galicia a vacina fronte ao virus do papiloma humano, destinada ás nenas que teñan 14 anos desde o pasado mes de xullo. Estas vacinas demostraron ser seguras e eficaces para protexer fronte a unha alta porcentaxe de cancro de cervix.

Curiosamente onte a Academia sueca concedeulle o Premio Nobel ao alemán Harald Zur Hausen polo achádego "do papilomavirus humano que provoca o cancro de colo de útero".

Para máis información consulta ao teu MÉDICO DE CABECEIRA ou pincha na páxina dos SERGAS VACINA PAPILOMA HUMANO

 

PRESENTACIÓN E COMENZO DO CURSO

PRESENTACIÓN E COMENZO DO CURSO

A presentación para os alumnos e alumnas de ESO e o resto de alumnos de diurno e PCPI será o próximo xoves, día 18, a partir das 11 horas ata as 13,30 horas. Haberá servicio de autobuses.

O comenzo das clases serán o venres 19, pero deso xa vos falarán na presentación.

¡Bo comenzo de curso a todos e todas!

OBRADOIROS DE NATUREZA

OBRADOIROS DE NATUREZA

Praia do Muíño ( A Guarda)

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, dentro da programación de actividades para este ano 2008 organiza, na Praia do Muíño, uns Obradoiros de Natureza que terán lugar o mércores 27 e o domingo 31 de agosto a partir das catro da tarde.

 

Os obradoiros van dirixidos a rapaces de 4 a 16 anos.

Estas xornadas representan unha aposta amena e pedagóxica pola educación para a sustentabilidade e o respecto polo noso medio natural e ademais enmárcanse nas actividades relacionadas coa Bandeira Azul.

 

¡Animo e a participar nesta iniciativa tan interesante!