Blogia
vgomez

COMUNICADOS

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21EG

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA  A21EG
1º PREMIO: "Ansia de liberdade" de Mélody Rodríguez Lomba, alumna de 2º Bach E
(Diploma e cámara dixital)

VOLUNTARIOS PARA ANAMAB

VOLUNTARIOS  PARA ANAMAB
Seguro que coñeces ou oíches falar de ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño). A nataureza, a súa protección, actividades de campo, etc. Esto e moito máis ofréceche esta Asociación.
¿Gustaríache ser voluntario?
Se che interesa pincha en VOLUNTARIOS ANABAM

AXUDAS PARA MERCAR UN ORDENADOR

AXUDAS PARA MERCAR UN ORDENADOR

Os que estedes interesados en adquirir un ordenador, a Xunta de Galicia acaba de publicar axudas para este concepto.

Toda a normativa, documentación e modelo de solicitúde tédelo no enlace PORTAL EDUCATIVO ou ben pinchando en axudas ordenadores

 

NOVO ENLACE: PORTAL EDUCATIVO

NOVO ENLACE: PORTAL EDUCATIVO
Dende hoxe, no apartado de ENCALES, tedes XUNTA DE GALICIA: PORTAL EDUCATIVO. Nel teredes información de todo o referente ás normativas de estudios, becas, etc. Concretamente, as últimas fan referencia á normativa das probas de acceso a Ciclos de Formación Profesional, Ciclos Superiores  e Ciclos de grao Medio para o próximo curso.
En fin unha ferramente moi interesante para consulta.
Para que teñas unha idea, pincha en: .: XUNTA DE GALICIA :: PORTAL EDUCATIVO :.

ALUMNOS-AS DE CONSERVATORIO

ALUMNOS-AS DE CONSERVATORIO

Recentemente foi publicada a normativa de avaliación para a obtención do título profesional, con novas como as probas de setembro, etc. Sei que hai noitos alumnos-as dos IES que estades a cursar estudios no conservatorio de grado medio (que ao rematalo obteredes o título de profesional) en Tui, Vigo en Ponteareas. Penso que é de interés que coñezades esta normativa.

Se así o queres pincha en:TÍTULO PROFESIONAL MÚSICA

 

PROBLEMA RESOLTO

Solucionado o problema do servidor, xa tedes ao día os vosos resultados da marcha do curso. Consultade o apartado de DÍA A DÍA.

DÍA A DÍA

Por  problemas co servidor de internet non puiden subir as notas deste último control. Son problemas alleos totalmente a min. De calquera xeito o próximo día de clase, coma sempre, teredes os resultados.

FÚTBOL: COPA COCA-COLA

FÚTBOL: COPA COCA-COLA
 Foto: Faro deVigo 25/02/2008
 
O equipo do noso insitituto proclamouse campión da Copa Coca-Cola de Vigo, e asistirá á fase final a celebrar en Sevilla entre o 31 de maio e o 3 de xuño deste ano, representando á provincia de Pontevedra.
Para conseguilo tiveron que gañarlle na final ao equipo do IES de Beade, chegando á tanda de penaltis por morte súbita. Citar tamén que o noso porteiro, Jaro videira García, foi nomeado mellor porteiro.
¡Felicidades e moita sorte en Sevilla!