Blogia
vgomez

COMUNICADOS

O MUNDO DAS ÁRBORES: EXPOSICIÓN

O MUNDO DAS ÁRBORES: EXPOSICIÓN
A exposición didáctica "O Mundo das Árbores" pretende achegar á sociedade os aspectos máis interesantes e curiosos deste mundo natural.
A exposición está formada por máis dunha trintena de paneis fotográficos de gran formato, ademais de mostras de cortes de madeira, nas que se poden apreciar os aneis de crecemento e detalles da casca, ou un sementeiro, entre outros elementos.
Cada fotografía vai acompañada dun texto no que se describen os aspectos máis importantes de cada árbore e algúns dos datos máis singulares como as súas dimensións, enfermidades, pragas, crecemento e usos tradicionais.

Próxima exposición:

  • Concello de A Guarda

Centro Cultural - Sala de Exposicións de A Guarda

R/ Rosalía de Castro, s/n

Datas: do 15 ao 31 de xaneiro de 2008

Horario: de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas

DE VOLTA

Non queda máis remedioEnfadado.
Hai que volver ás clases. Espero que coas pilas cargadas para levar este 2º trimestre. Por certo, esto é o que nos depara:
8 de xaneiro (martes): Comenzo de clases.
4 e 5 de febreiro (luns e martes): Vacacións de Entroido.
14 de marzo (venres): Entrega de notas e comenzo das vacacións de Semana Santa.
Eso si, reparade que este trimestre é moi importante, xa que pode ser a confirmación da boa marcha do curso ou pola contra o afundimento case definitivo. ¡ANIMO E A TRABALLAR!

ROUTEIRO POLA DESEMBOCADURA DO MIÑO

ROUTEIRO POLA DESEMBOCADURA DO MIÑO

 

ANABAM, organiza un routeiro pola desembocadura do río Miño. Será o próximo 5 de xaneiro (sábado) e o punto de saída é a Estación Ornitolóxica de Camposancos ás 10,30 horas.

Para máis información sobre esta actividade pincha en:ROUTEIRO

 

NOTAS DA 1ª AVALIACIÓN

Tedes as notasEnfadado desta 1ª avaliación especificadas (probas, libreta, prácticas, negativos, proba de avaliación e nota definitiva). Lembrade que entre paréntese aparece a nota redondeada que sairá no boletín de cualificación que se entregarán o venres 21 ás 11 horas na vosa aula de referencia polo profesor/a titor/a.
Para velas, agora en durante todo o curso, pinchade en  DÍA A DÍA, enlace que está na parte dereita da portada.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA A21

I CONCURSO DE FOTOGRAFIA AXENDA 21 ESCOLAR

 

Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).

Datas de presentación: Entre o 1 de decembro e o 15 de febreiro.

Temática: Paisaxe (natural e humanizado), impacto ambiental, patrimonio artístico, denuncia medioambiental, feismo, e todo o que que teña que ver co medio ambiente, sempre circunscrito á Comarca do Baixo Miño.

Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Sería aconsellable que tamén se presente en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.

Cada fotografía ira acompañada dun título e un pequeño texto ou pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.

Entregarase nun sobre e compañánda doutro cerrado que conteña o nome e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.

O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.

Exposición e resultados: Desde o 3 ao 7 de marzo haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación en urna (1 por persoa na que aparezan 2 números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos entre o 3 e 7 de marzo, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo pen drive.

Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:

1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.

2º clasificado – Diploma e un MP3.

3º clasificado- Diploma e pen drive.

A entrega de premios será o último día de clase do 2º trimestre, 14 de marzo.

Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.

As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.

¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!

 

CALENDARIO 1ª AVALIACIÓN

DATAS EXÁMENES 1ª AVALIACIÓN:
(Recordade que entra todo o dado no trimestre)
1º ESO:
1ºA/B/C/D ........ MARTES 18 DE DECEMBRO
2º ESO:
2º C1 .............. LUNS 17 DE DECEMBRO
AVALIACIÓNS DE PROFESORES:
1º A/D e 2ºC1 ...................... MÉRCORES 19 DE DECEMBRO
1º B/C .................................. XOVES 20 DE DECEMBRO
ENTREGA DE NOTAS:
VENRES 21 DE DECEMBRO ÁS 11 HORAS
COMENZO DAS VACACIÓN DE NADAL.

1ªAVALIACIÓN

1ªAVALIACIÓN
AVALIACIÓN INICIAL: Para os curso 1º ESO e 3º ESO. Como son curso de incorporación novos, os titores e os profesores que imparten materias neses cursos intercambian información de cara a mellor marcha/intregración destes alumnos-as no centro. (1º ESO , luns 5 de novembro).
 
Datas das avaliacións (Reunión do titor cos profesores que imparten clase nese grupo): 17, 18,19 e 20 de decembro.
Entrega de notas: Enfadado 21 de decembro.
Día proposto polo Claustro de Profesores para non lectivo :Riendo 7 de decembro (venres).
Período de vacacións: Do 22 de decembro de 2007 ao 7 de xaneiro de 2008 , ambobolos dous inclusive.

COMUNICADO

COMUNICADO
A partir de hoxe está dispoñible o ENALACE: DÍA A DÍA Sorprendido no que tedes a vosa disposición, con actualizacións periódicas, o seguemento da vosa marcha no curso, tamén para consulta dos vosos paisEnfadado.
Para realizar a consulta pinchade no ENLACE:DÍA A DÍA e facede a selección do curso e grupo, ou tamén pinchade en:
Index
Por certo lémbrovos que o 1º control sobre o tema 1 será o próximo martes 23: ESTUDIAR XA NO FIN DE SEMANA, aínda que xa tiña que estar medio preparado. Nunca deixedes as cousas para o último día.