AMPLIACIÓN DE PRAZO
O I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA convocado pola AXENDA 21 ESCOLAR do IES A Sangriña, amplia o prazo de presentación ata finais deste mes de febreiro.
Esperamos que deste xeito se incremente notablemente o número de participantes. ¡PARTICIPA!
Recordamos as bases:
Participantes: Poderán participar tódolos membros da comunidade educativa (alumnos, pais, profesores e persoal non docente).
Datas de presentación: Entre o 1 de decembro e o 15 de febreiro. AGORA ATA FIN DE FEBREIRO.
Temática: Paisaxe (natural e humanizado), impacto ambiental, patrimonio artístico, denuncia medioambiental, feismo, e todo o que que teña que ver co medio ambiente, sempre circunscrito á Comarca do Baixo Miño.
Presentación: Os traballos serán orixinais, presentándose en formato 20 X 25. Sería aconsellable que tamén se presente en formato dixital a efectos de facer un álbum fotográfico nese formato. En caso de non ser presentado deste segundo xeito serán escaneadas as fotos, perdendo polo tanto cualidade á hora de facer o citado álbum.
Cada fotografía ira acompañada dun título e un pequeño texto ou pequeño relato, onde o autor explique a idea que plasma a fotografía.
Entregarase nun sobre e compañánda doutro cerrado que conteña o nome e apelidos e teléfono de contacto. Á entrega, que se fará na secretaría do centro, numerarase a fotografía e o sobre cerrado, para manter identificada a foto e manter anónimo a identidade do autor.
O nº máximo de fotografías por persoa será de 3.
Exposición e resultados: Desde o 3 ao 7 de marzo haberá unha exposición pública dos traballos. Tódolos membros da comunidade educativa do centro serán xuíces de tal evento, podendo depositar a súa votación en urna (1 por persoa na que aparezan 2 números distintos correspondentes a 2 fotografías) en horarios que se farán públicos entre o 3 e 7 de marzo, días da exposición. Entre os votantes farase o sorteo dun agasallo pen drive.
Categorías e premios : Existirá unha única categoría. Entregaranse 3 premios:
1º clasificado – Diploma e unha cámara dixital.
2º clasificado – Diploma e un MP3.
3º clasificado- Diploma e pen drive.
A entrega de premios será o último día de clase do 2º trimestre, 14 de marzo.
Bases: A participación no presente concurso leva consigo a plena aceptación destas bases.
As fotografías pasaran a ser propiedade da Axenda 21 Escolar de Galicia/IES A Guarda, podendo ser utilizadas en calquera campaña que a Axenda 21 faga a nivel escolar ou supraescolar.
¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!
0 comentarios