Blogia
vgomez

DICIONARIO DA CIENCIA

MARUXIÑA

 

Todos coñecemos á maruxiña (Coccinella septempunctata): Insecto coleóptero da familia dos coccinélidos, de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos, con sete puntiños negros.

Larva e adulto de Coccinella septempunctata / Imaxe: gl.wikipedia.org

Os adultos poden ter unha lonxitude corporal de 7,6 a 10,0 mm. Os seus puntos distintivos e chamativas cores parece que a fan pouco atractiva para os seus predadores. A especie pode segregar un fluído polas articulacións das patas que lle dá mal sabor. Unha maruxiña que se sente ameazada pode facerse a morta e segregar a substancia desagradable para protexerse.

C. septempunctata ten unha ampla distribución ecolóxica; xeralmente vive de comer pulgóns. Entre outros biótopos atópase en prados, campos, estepas da zona ponto-caucásica, parques, xardíns, bosques de folla ancha do occidente europeo e bosques mixtos. Tanto os adultos como as larvas son predadores voraces de pulgóns e, debido a isto, foi repetidametne introducida noutras zonas, como en América do Norte, como axente para o control biolóxico de pragas.

Pero a maruxiña, no noso idioma, ten moitas variantes. Queres sabelas? Pois no vídeo superior Déborah Bukusic dínolas!

FONTE: gciencia.com/dicionario-ciencia e gl.wikipedia.org

LUCECÚ

 

O prezo da luz vai polas nubes. Pero hai bechos que a prenden de balde. Como o lucecú. Tamén é coñecido como vagalume e o seu nome científico é Lampyris noctiluca

Non o coñeces?

Pois no video superior axudarache a saber quen é!

FONTE: gciencia.com/dicionario-ciencia        Imaxe: es.wikipedia.org

ISÓBARAS

 

Eduardo Chao Fernández (Ribadavia-Ourense, 5 de novembro de 1821 - Madrid, 21 de decembro de 1887) foi un xornalista, escritor, científico e político galego, chegando a ser ministro de Fomento no Goberno republicano presidido por Nicolás Salmerón (1873).

E foi o primeiro que trazou un mapa do tempo de Galicia, cos seus anticiclóns, as súas borrascas e as súas isóbaras…

Pero que son as isóbaras?

A contestación no vídeo superior! 

FONTE: gciencia.com/dicionario-ciencia