MARUXIÑA
Todos coñecemos á maruxiña (Coccinella septempunctata): Insecto coleóptero da familia dos coccinélidos, de forma arredondada, con élitros de cores vivas, xeralmente vermellos, con sete puntiños negros.
Larva e adulto de Coccinella septempunctata / Imaxe: gl.wikipedia.org
Os adultos poden ter unha lonxitude corporal de 7,6 a 10,0 mm. Os seus puntos distintivos e chamativas cores parece que a fan pouco atractiva para os seus predadores. A especie pode segregar un fluído polas articulacións das patas que lle dá mal sabor. Unha maruxiña que se sente ameazada pode facerse a morta e segregar a substancia desagradable para protexerse.
C. septempunctata ten unha ampla distribución ecolóxica; xeralmente vive de comer pulgóns. Entre outros biótopos atópase en prados, campos, estepas da zona ponto-caucásica, parques, xardíns, bosques de folla ancha do occidente europeo e bosques mixtos. Tanto os adultos como as larvas son predadores voraces de pulgóns e, debido a isto, foi repetidametne introducida noutras zonas, como en América do Norte, como axente para o control biolóxico de pragas.
Pero a maruxiña, no noso idioma, ten moitas variantes. Queres sabelas? Pois no vídeo superior Déborah Bukusic dínolas!
FONTE: gciencia.com/dicionario-ciencia e gl.wikipedia.org
0 comentarios