Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Como é? Galicia ou Galiza?

Galicia ou Galiza? Este asunto foi obxecto de moita controversia durante décadas. Esteher explícanolo moi ben!

#DígochoEu

#DígochoEu: Cantas palabras olímpicas polisémicas aprendemos no CEIP A Maía de Ames! #DígochoEu

Neste verán (26 de xullo ata o 11 agosto) celebraranse en París os Xogos Olímpicos 2024. Falando de deportes, o alumnado do CEIP A Maia de Ames fálannos de palabras polisemicas olímpicas!

#DígochoEu 

#DígochoEu: Non digas *sinceiro

Comonos gustan as palabras rematadas en -eiro e -eira... Pero algunhas terminacións en -ero ou -era tamén son galegas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non escribas *contrarreloxo

En ciclismo e noutros deportes non hai probas *contrarreloxo. Esa palabra non aparece non dicionario da RAG, que si recomenda unha alternativa en tres palabras.

#DígochoEu

#DígochoEu: Aprende como son en galego os signos do zodíaco

No #DígochoEu xa falaramos sobre os signos do zodíaco nun episodio pero velaquí vai unha actualización por unha modificación que fixo a RAG.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *terciopelo

En galego non temos *terciopelo. Entón como se di? Esther acláranolo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE POLONIA? XIV (FIN)

Remato caoa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

 A contestación á pregunta de onte, e última da serie, é Aguia de cola branca. En galego Pigargo, en polaco Orzeł Biały, nome científico Haliaeetus albicilla, e o símbolo de Polonia.



É unha aguia de gran tamaño cun enorme peteiro amarelo. A plumaxe é escura, agás a cola e a cabeza que van branquexando conforme ó envellecemento do individuo. A femia é lixeiramente meirande có macho.

Segundo a lenda, a Aguia Branca orixinouse cando Lech, o fundador mítico de Polonia, viu un niño de aguia branca e, considerándoo un bo augurio, fundou a cidade de Gniezno (gniazdo significa niño). No intre no que a aguia despregou as súas ás e elevouse cara ao ceo, un raio do sol vermello do poñente caeu nas súas ás, de xeto que pareceron douradas; polo demais era enteiramente branca. Esta idea e a que aparece no escudo de Polonia.

E así remato esta serie, esperando que Polonia xa non sexa un país tan descoñecido para vós.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: chido-fajny.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: De onde vén a expresión ‘a fume de carozo’?

Esta expresión indica rapidez 🏃, pero de onde procede esta expresión. Esther dínolo!

#DígochoEu