Blogia
vgomez

CANTO SABES DE COLOMBIA? XIX

Continúo coa serie adicada a Colombia, o país con maior biodiversidade do mundo, o vigesimosexto país máis grande do mundo e o sétimo máis grande de América, e a segunda nación con máis hispanofalantes, detrás de México.

A contestación correcta á pregunta de onte é Gabriel García Márquez. Naceu en Aracataca-Magdalena, Colombia, o 6 de marzo de 1927 e morreu en Cidade de México o 17 de abril de 2014. Escritor e xornalista colombiano, recoñecido polas súas novelas e contos, tamén escribiu narrativa de non ficción, discursos, reportaxes, críticas cinematográficas e memorias. En 1982 recibiu o Premio Nobel de Literatura polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real combínanse nun mundo ricamente composto de imaxinación, o que reflicte a vida e os conflitos dun continente. A súa obra máis coñecida, a novela Cen anos de soidade, é considerada unha das máis representativas desa corrente literaria (realismo máxico), e mesmo se considera que ao éxito da novela débese que o termo se aplique á literatura xurdida a partir de 1960 en América Latina.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

19. Aquí tes unha lista de artistas musicais colombianos. Pero un deles non é colombiano. Saberías dicir cal é?

1- Shakira

2- J Blavín

3- Carlos Vives

4- Diomedes Díaz

5- Maluma

6- Silvestre Dangond

7- Juanes

8- Juan Luis Guerra

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: biografiasyvidas.com e es.wikipedia.org

0 comentarios