Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non confundas as ‘perrenchas’ coas ‘perrechas’

Estas dúas palabras aínda que parecidas non teñen nada que ver no seu significado. Fíxate!

#DígochoEu

#DígochoEu: Haiche moitos tipos de vodas (con v)

*Boda NON, é voda. Esa cerimonia mediante a que dúas persoas contraen matrimonio. Pero hai moitos tipos de vodas...

#DígochoEu

#DígochoEu: Mira cantas cousas relacionadas coas dornas aprendemos no IES Illa de Arousa! #DígochoEu

Esther visita o IES Illa de Arousa e aprende moito sobre as dornas!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XVII (FIN)

Remato coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte, e última da serie, é A2-Tamarao e F1-Sampaguita. A2-Tamarao, é un búfalo anano de Mindoro (Bubalus mindorensis), unha especie de bóvido de tamaño pequeno que vive unicamente na illa de Mindoro, en Filipinas. F1-Sampaguita, é unha flor típica de Filipinas (Jasminum sambac) , que actualmente forma como parte dun símbolo patrio de Filipinas xunto co seu escudo e bandeira nacional. Considerada como unha das flores máis belas de Asia e o Pacífico, pola súa cor branca e tamaño pequeno.

E así remato esta serie que espero que servise para coñecer algo millor ás Filininas!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *isla nin *isleño

Atención a estas dúas palabras incorrectas en galego: *isla e *isleño!

#DígochoEu

#DígochoEu: Tres galeguismos do castelán que en galego son incorrectos

Moito temos falado aquí dos castelanismos que hai que evitar cando falamos en galego, pero o castelán tamén ten moitos galeguismos! Hoxe, Esther, fálanos de tres que son incorrectos en galego.

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XVI

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é 1.898. O arquipélago das Filipinas pasou a dominio español cando Miguel López de Legazpi, con 300 soldados, someteu Manila en 1.571 e emprendeu a ocupación de Luzón, a illa principal e máis importante. Ata o século XIX, as Filipinas foron a cuña comercial española en Asia oriental. O dominio español rematou en 1.898 coa derrota de España na Guerra hispano-estadounidense. Filipinas converteuse entón nun territorio dos Estados Unidos.



E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

16. Cal é o animal (A) e a flor (F) oficial de Filipinas?

A1 - Tarsius              F1 - Sampaguita

A2 - Tamarao            F2- Ylang-Ylang

A3- Carabao             F3 - Flor eterna

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: infodefensa.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XV

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é Tagalo e ingés. En Filipinas fálanse máis de 170 linguas, case todas do grupo filipino dentro da familia austronesia. Soamente dúas delas, o filipino ou tagalo (unha variante de facto do tagalo) e o inglés son oficiais en todo o país. Ademais do tagalo, que é o idioma da capital, Manila, e da illa de Luzón, coexisten máis de 170 linguas autóctonas de orixe malayo-polinesio (en particular a maior parte de linguas de Filipinas de orixe austronesio parecen constituír un grupo filogenético chamado grupo filipino). As máis importantes por número de falantes no país son: Tagalo ou filipino: 22.000.000 principalmente en Luzón; Cebuano: 20.000.000 principalmente nas Bisayas Centrais e Mindanao; Ilocano: 7.700.000 en Luzón e outras illas; Hiligaynon ou ilongo: 7.000.000 nas Bisayas Occidentais; Bicolano: 3.700.000 principalmente en Bicolandia; Samareño: 3.100.000 principalmente en Sámar e Criollo chabacano: entre 2 e 3.000.000 principalmente en Zamboanga.



E imos coa pregunta de hoxe!

15. Filipinas foi colonia española máis de 300 anos. En que ano rematou este dominio?

- 1.798

- 1.898

- 1.987

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: woolafilipinas.com  e elindependiente.com