Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #CIBERCARRACHOS: Non é tan doado borrar arquivos, fotos ou vídeos dun PC ou dun móbil!

Alternativas para borrar imaxes, arquivos, de forma definitiva?

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *chase nin *oase

Atención as palabras rematadas e -sis!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XIV

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é Católica. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Idiomas oficiais en Filinas.

- Español e inglés

- Tagalo e inglés

- Español e tagalo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e woolafilipinas.com

#DígochoEu: Non digas *carámbano

*Carámbano é un castelanismo! Esther danos as alternativas!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XIII

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas. 

A contestación correcta a pregunta de onte é Peso. O peso filipino é a moeda de curso legal de Filipinas. Divídese en 100 céntimos e o seu código ISO 4217 é PHP. Antes de 1967, o idioma utilizado en billetes e moedas era o inglés, e polo tanto, a denominación era «peso». Pouco tempo despois utilizouse o nome filipino, pasando a denominarse piso.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a relixión dominnate en Filipinas?

- Musulmá

- Católica

- Evanxélica

- Igrexa Ni Cristo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:  filateliamonge.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XII

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é Lagoa de Bay. É o lago máis grande de Filipinas,​ e o segundo lago de auga doce terra dentro no sueste asiático, despois do lago Toba, en Sumatra, Indonesia. Está localizado na illa de Luzón, entre as provincias da Lagoa (ao sur) e Rizal (ao norte). A súa superficie é de 949 km², e ten unha profundidade media de só 2 m. O lago ten unha forma parecida a un W, con dúas penínsulas saíndo da costa norte. A parte central da lagoa é formada por unha caldeira volcánica mergullada. A Lagoa de Baý drena cara á baía de Manila, a través do río Pasig.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é a moeda oficial de Filipinas?

- Rupia

- Peso

- Renminbi

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e es.topasiatour.com

#DígochoEu: Non digas *abejorro

 

O macho da abella non é *abejorro!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XI

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é Río Grande de Cagayán. Ou simplemente Río Cagayán, é o río máis longo e máis grande do arquipélago de Filipinas con 505 km.​ Atópase na rexión do val do Cagayán no nordés da illa de Luzón e atravesa as provincias de Nova Vizcaya, Quirino, Isabela e Cagayán.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o lagoa ou lago máis grande das Filipinas?

- Lago Buluan

- Lago Maínit

- Lagoa de Bay

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org