Blogia
vgomez

CANTO SABES DAS FILIPINAS? XIII

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas. 

A contestación correcta a pregunta de onte é Peso. O peso filipino é a moeda de curso legal de Filipinas. Divídese en 100 céntimos e o seu código ISO 4217 é PHP. Antes de 1967, o idioma utilizado en billetes e moedas era o inglés, e polo tanto, a denominación era «peso». Pouco tempo despois utilizouse o nome filipino, pasando a denominarse piso.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a relixión dominnate en Filipinas?

- Musulmá

- Católica

- Evanxélica

- Igrexa Ni Cristo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:  filateliamonge.com e es.wikipedia.org

0 comentarios