Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *abejorro

 

O macho da abella non é *abejorro!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? X

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas. 

A contestación correcta a pregunta de onte é Monte Apo. Este monte é un gran estratovolcán de Filipinas, que se atopa na illa de Mindanao. Chega aos 2.953 m s. n. m. co que é o punto máis alto do país. É unha montaña coroada con tres picos, e no máis alto hai un ancho cráter volcánico (de aproximadamente 500 m de diámetro) que contén un pequeno estanque de auga. Este volcán é unha fonte de enerxía xeotérmica. A data da súa última erupción é descoñecida.


 
E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o ríos maís grande e longo de Filipinas?

- Río Agusan

- Río Grande de Mindanao

- Río Grande de Cagayán

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e 7641islands.ph

#DígochoEu: Recordar ou lembrar?

Pódese recordar ou lembrar, pero nunca *olvidar!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS IX

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas. 

A contestación correcta a pregunta de onte é República. Filipinas é unha república constitucional cun sistema presidencial de goberno, administrado como un Estado unitario, coa excepción da Rexión Autónoma da Nación Moura no Mindanao Musulmán, que é en gran parte independente do goberno nacional. O presidente actúa como xefe de Estado e Xefe do Goberno, ademais de ser o comandante en xefe das forzas armadas. É elixido por voto popular para un período único de seis anos, durante o cal el mesmo elixe e preside o seu propio gabinete.​ O vicepresidente tamén é elixido por sufraxio directo para un período de seis anos, e pode reelixirse unha vez. O vicepresidente pode ocupar un posto no gabinete, e no caso de que o presidente morra ou renuncie, converteríase no presidente interino e convocaría eleccións. A nivel local, o poder executivo está representado polos gobernadores das provincias, os alcaldes das cidades e municipios e polos capitáns dos barangay.

 
      Presidente: Fernidand Marcos Jr. e Vicepresidenta: Sara Duarte

E imos coa pregunta de hoxe! 

9. Cal é o punto máis alto das Filipinas? 

- Monte Pulag 

- Monte Apo 

- Monte Luho

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:  es.wikipedia.org

#DígochoEu: #CIBERCARRACHOS : Chama ao 017 se te atacan os cibercarrachos

Que fago se sufro un ataque dos cibercarrachos? Chamar ao 017!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? VIII

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é 17. A saber: Bícol, Bisayas Centrais, Bisayas Occidentais, Bisayas Orientaiss, Cagayán, Calabarzón, Caraga, La Cordillera, Dávao, Gran Manila, Ilocos, Luzón Central, Mindanao Central, Mindanao do Norte, Nación Mora, Tagalas Sudoccidentais e Zamboanga.  Á súa vez, estas, divídense en 80 provincias, 138 cidades, 1.496 municipios e 42.025 barangays (barrio, a menor unidade de goberno local).

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é a forma de goberno de Filipinas?

- Ditadura

- Monarquía

- República

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *interrumpir

Non digas *interrumpir. O correcto é interromper, Pero como se conxuga? Esther danos un truco!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? VII

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

 A contestación correcta a pregunta de onte é 300.000 km2. Dúas destas illas xa suman 200.000 km²: a maior, Luzón, cun total de 105.000 km² aproximadamente, e Mindanao, con 94.600 km². O resto está formado por infinidade de illas máis pequenas. Para que fagas unha idea de comparación España ten 506.030 km².
 

E imos coa pregunta de hoxe!


 

7. Xa dixemos que as Filipinas estaba formada por 7.641 illas, divididas en e grupos (Luzón, Bisayas e Mindanao), pero cantas rexións ten Filipinas?

- 7

- 10

- 17

- 20

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e ecured.cu