CANTO SABES DAS FILIPINAS? VII
Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.
A contestación correcta a pregunta de onte é 300.000 km2. Dúas destas illas xa suman 200.000 km²: a maior, Luzón, cun total de 105.000 km² aproximadamente, e Mindanao, con 94.600 km². O resto está formado por infinidade de illas máis pequenas. Para que fagas unha idea de comparación España ten 506.030 km².
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Xa dixemos que as Filipinas estaba formada por 7.641 illas, divididas en e grupos (Luzón, Bisayas e Mindanao), pero cantas rexións ten Filipinas?
- 7
- 10
- 17
- 20
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e ecured.cu
0 comentarios