Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #CIBERCARRACHOS: Se che mandan unha SMS en nome do teu ‘banco’, non fagas nin caso!

Se che mandan unha SMS en nome do teu ‘banco’, non fagas nin caso!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? VI

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é, aproximadamente, 116 millóns. Exactamente 116.131.502 habitantes.



E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é a extensión das Filipinas?

- 250.000 km2

- 300.000 km2

- 350.000 km2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: countrymeters.info/es e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Sabes a diferenza entre 'quecer' (ou 'quencer') e 'quentar'?

Estas dúas palabras teñe que ver coa calor, pero non significan o mesmo. Esther acláranolo!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *manilla

Non digas *manilla! En galego temos varias opcións!

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? V

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é En tres grupos de illas. A saber: grupo de Luzón, grupo das Visayas e o grupo de Mindanao.



E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é, aproximadamente, a poboación das Filipinas!

- 100 millóns

- 116 millóns

- 156 millóns

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e istockphoto.com/es

#DígochoEu: #CIBERCARRACHOS: Aprende esta nova palabra: 'EGOSURFING'

Egosurfing, vaia palabra! 😈 Consiste en utilizar as redes sociais e os buscadores da internet, como Google, utilizando termos de procura relativos a nós, como o noso nome, apelidos, DNI etc., para localizar información sobre nós en páxinas webs e outras plataformas. Trátase dunha boa práctica que todos deberiamos realizar periodicamente, para saber que se di de nós, como se di, quen o di e con que obxectivo, e identificar posible información que non debería estar publicada e que queiramos que sexa eliminada.

#DígochoEu

CANTO SABES DAS FILIPINAS? IV

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é Manila. Oficialmente Cidade de Manila, é a capital de Filipinas e a segunda cidade do país por número de habitantes, despois de Cidade Quezon.



E imos coa pregunta de hoxe!

4. Tal como dixemos, o arquipélago das Filipinas esta formado por 7.641 illas, divididas en..

- En dous grupos de illas

- En tres grupos de illas

- En catro grupos de illas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: britannica.com e mapas-del-mundo.net

CANTO SABES DAS FILIPINAS? III

Continúo coa serie, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.

A contestación correcta a pregunta de onte é 3. A saber...



E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital das Filipinas?

- Cidade Quezon

- Manila

- Davao

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org