#DígochoEu: Non digas *piscolabis
*Piscolabis non é correcto en galego. Esther danos as alternativas!
#DígochoEu
*Piscolabis non é correcto en galego. Esther danos as alternativas!
#DígochoEu
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada ás Filipinas, ese país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico e formado por 7.641 illas.
A contestación correcta a pregunta de onte é b) Ao norte atópase separado da illa de Taiwan polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao doutras illas de Indonesia, e ao leste limita co mar de Filipinas.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal é a bandeira de Filipinas?
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: freeworldmaps.net e es. wikipedia.org
*Chamativos é un castelanismo! Esther danos a alternativa!
#DígochoEu
Filipinas é un país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico, formado por 7.641 illas. Antes de adquirir a súa denominación actual, utilizáronse outros nomes para referirse ao país como Illas do Poñente e San Lázaro, ambos os outorgados por Fernando de Magallanes. O vocábulo Filipinas deriva do nome do rei Felipe II de España. Durante unha expedición en 1.542, o explorador español Ruy López de Villalobos bautizou as illas de Leyte e Sámar como Felipinas en honra ao entón Príncipe de Asturias. Finalmente, o nome foi alterado e a denominación de As Illas Filipinas pasou a referirse a todas as illas do arquipélago.
Gustaríache saber máis cousas sobre Filipnas? Si? Pois comezamos!
1. Cales son os límite das Filipinas?
- a) Ao norte, a illa de Borneo, ao sur a Illa de Taiwan, ao leste mar das Filipinas e ao oeste o mar de Célebres.
- b) Ao norte atópase separado da illa de Taiwan polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao doutras illas de Indonesia, e ao leste limita co mar de Filipinas.
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e an.wikipedia.org
Aínda que bombilla 💡 é correcto en galego, non é a palabra máis recomendable!
#DígochoEu
Remato coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie, é León. (Panthera leo) En búlgaro antigo, a palabra lev significaba león. Aparece no escudo do país.
Espero que servise para coñecer algo millor este país. Ata a próxima serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
Continúo coa serie adicada a Bulgaria, un país situado ao sur de Europa, un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais da gran beleza de moitos dos seus lugares, e da importancia da natureza en todo o seu territorio, destaca pola súa gran riqueza cultural declarado parte do Patrimonio Cultural pola UNESCO.
A contestación correcta á pregunta de onte é Tracios. Os Tracios foron un grupo de tribos que ocuparon a zona sueste da Península dos Balcáns, a zona que actualmente ocupa Bulgaria. Son pouco coñecidos debido a que quedaron poucos restos da súa cultura e porque a súa civilización foi asimilada por outras e difuminou todo o seu legado. A teoría principal sobre a súa orixe indica que os Tracios foron os habitantes orixinais desta área baseándose nos datos xenéticos das probas de ADN realizadas aos restos dos humanos da idade de pedra, ferro e bronce que coinciden coas dos Tracios e mesmo quedan coincidencias xenéticas cos actuais búlgaros.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!
15. Cal é o animal nacional de Bulgaria?
- León
- Cabalo
- Lobo
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: elespanol.com e es.wikipedia.org
Estamos no Entroido🎭! Pero cada zona ten as súas peculiaridades!
#DígochoEu