Blogia
vgomez

CANTO SABES DAS FILIPINAS?

Filipinas é un país insular situado no Sueste Asiático, sobre o océano Pacífico, formado por 7.641 illas. Antes de adquirir a súa denominación actual, utilizáronse outros nomes para referirse ao país como Illas do Poñente e San Lázaro, ambos os outorgados por Fernando de Magallanes. O vocábulo Filipinas deriva do nome do rei Felipe II de España. Durante unha expedición en 1.542, o explorador español Ruy López de Villalobos bautizou as illas de Leyte e Sámar como Felipinas en honra ao entón Príncipe de Asturias. Finalmente, o nome foi alterado e a denominación de As Illas Filipinas pasou a referirse a todas as illas do arquipélago.

Gustaríache saber máis cousas sobre Filipnas? Si? Pois comezamos!

1.  Cales son os límite das Filipinas?

- a) Ao norte, a illa de Borneo, ao sur a Illa de Taiwan, ao leste mar das Filipinas e ao oeste  o mar de Célebres.

- b) Ao norte atópase separado da illa de Taiwan polo estreito de Luzón; ao oeste áchase o mar da China Meridional, tamén coñecido como o mar de Filipinas Occidental e Vietnam; ao suroeste, a illa de Borneo; ao sur, o mar de Célebes sepárao doutras illas de Indonesia, e ao leste limita co mar de Filipinas.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org        Imaxes: es.wikipedia.org e an.wikipedia.org

0 comentarios